Esta película provoca síntomas graves que me vexo obrigado a adiantarvos.
Eles. Susan é epidemióloga, investiga epidemias, traballa (como di ela) coa dor e a miseria. A ventá do seu piso dá a unha especie de patio, ao que de cando en vez sae Michael, cociñeiro nun restaurante, nos momentos de descanso que atopa. Un día obsérvanse, recoñécense, desexan descubrirse. E mentres os vemos achegarse, sucede todo. A eles, a nós, a todos.
Os síntomas aparecen sen aviso, e propáganse velozmente entre as persoas. Primeiro, sentes unha repentina e inconsolable tristeza, un enorme sentimento de dor ante as cousas perdidas durante a vida. Non dura moito, apenas unhas horas. Pero cando se vai, a persoa que o sufriu descubre horrorizada que xa non ten olfato. Perdeches a capacidade de oler... e en consecuencia, tamén, o sentido do gusto. Cando todos nos damos conta desta perda, desátase o pánico, e aparece un impulso incontrolable por comer, que dura uns minutos. Tras ese impulso, todos comprenden que a humanidade está enferma de algo. Tempo de reaccionar.
É curioso pensar cómo reaccionaría cada grupo mundial ante o descoñecido: os ecoloxistas falan dun cataclismo ambiental; a intelixencia militar, dun ataque ao mundo libre perpetrado polos fundamentalistas; os fundamentalistas, dun castigo de deus a un mundo no que ninguén cre, e prometen que o olfato volverá aos que teñen fe. Outros acusan aos poderes capitalistas de liberar un virus para estimular a economía... Alguén dá máis?
E mentres os humanos se pelexan, novos síntomas se expanden: ira, violencia, xordeira... Algúns empezan a preguntarse como sonará a fin do mundo. Outros, vendo todo o que perderon, comezan a preguntarse que será o seguinte... Atréveste a sentilo?
Esta non é unha peli de catástrofes nin heroes. Pero si de sentir e pensar.
Aquí quizais descubras, tras perder, que nos sobra case todo.
Incluso os sentidos...
(Clic no cartel, para ver trailer)
(Clic no cartel, para ver trailer)
Grandísimos actores, me la apunto!
ResponderEliminarE nesta película demóstrano ben!
ResponderEliminarNunca había escuchado hablar de esta película, y la verdad que por lo que he leído, no entiendo el porque.... Estoy deseando verla. A ver si puedo aprovechar este fin de semana para verla, y estoy segura de que me gustará
ResponderEliminarAlba: vaiche encantar! É unha peli diferente, que te vai sorprendendo a cada pouco. Nin cataclismos, nin héroes, nin efectos especiais. Para que? Só duas persoas normais, enfrontadas a algo para o que ninguén está preparado...
ResponderEliminarComo lin un día: "cando a dor aparece, e todo desaparece... que nos queda?"
Disfrútaa! E xa nos contarás...
:)