20/10/15

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

20/10/15

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas-. E por iso, tiñamos dúas opcións
a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou...
b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente, para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago.


Chamámolo Proxecto Siria. Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros, dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema. O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao mundo (Caronte viáxavos moito!). Estes foron os 10 temas (e traballos) que, desde un pequeno curruncho de Galicia, nos fixeron sentirnos en Siria, ou polo menos parte dela.

1. Deseñar un xogo de mesa


2. Siria, e iso que é?

3. A Familia Al-Assad... os capos de Siria?

4. A Primavera Árabe


5. As rutas dos refuxiados

6. A vida dos nenos: antes e despois



7. A postura do mundo ante o problema

8. "Estado Islámico": que é? que quere?  

9. Deseñar unha camiseta para solidarizarnos



10. Editar un vídeo curto




Con moi pouco, xa vedes que o resultado foi enorme. Todos aprendemos e nos divertimos vendo como cada grupo se devanaba os sesos buscando unha forma orixinal de expoñer o investigado. Desde hoxe, comezamos a montar unha exposición física con todos os traballos, así que esperamos que agora sexan outros (quizais ti) os que poidan aprender, interactuar e divertirse con todo o que os meus alumnos foron creando

E digo foron, porque non son autor de nada máis que das fotos e o texto desta entrada en Caronte. Eu só propuxen os temas, unhas poucas normas e algunhas suxerencias para motivar a buscar un resultado potente; pero as ganas, a ilusión e a creatividade puxérona os alumnos. Demostrando, unha vez máis, que cando lles damos motivación, oportunidades, e certa liberdade, poden ensinarnos moito. Moitísimo! 

Grazas, rapaces, por seguirme nisto, e por aproveitar a oportunidade de aprender, de crear e de sentir. Non será a última! Palabra.

Recibe os contidos no teu correo

13 comentarios

  1. Anónimo20/10/15

    Que traballo mais guapo e interesante, xa o creo que mereceu a pena, esto é a historia que está pasando, é desgarrador ver todos os días o sufrimento de esta xente, pero sobre todo o dos nenos, con moito frio, mollados, cansados e famentos, oxalá esto remate canto antes. Noraboa aos teus alumnos e tamén a ti por inducilos a que fagan estas cousas e ensinar a historia de este xeito

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrame moitísimo que che guste!

      Eu tamén creo que pagou moito a pena... e o máis importante, os alumnos tamén o cren. Valoran o que aprenderon, as maneiras orixinais de comunicalo e que os seus traballos sexan agora algo co que o resto de persoas do instituto pode aprender e interactuar. Lamentablemente, isto só serve para que eles saiban e sintan, e agora, coa exposición, para intentar chamar a atención dos demais. Pero o problema do mundo con Siria continuará porque o problema non é Siria, o problema é a actitude do mundo. Pobre, acomplexada e vergoñenta.

      Eliminar
  2. Anónimo21/10/15

    Hoxe, decidín achegarme a ver que se escondía nese recuncho do instituto ... e atopeime un proxecto fantástico, un proxecto no que o xogo e o visual fan que te metas na pel de todos os afectados en Siria pola tráxica situación do momento.
    Miña noraboa a todos os alumnos de primeiro de bacharelato por invertir o seu tempo en algo tan necesario coma isto, facéndonos ver o corrompido que está o mundo.
    Tamén os meus parabéns a ti Miguel Abraira por esta xenial idea !!! A verdade e que fan falla máis profesores coma ti, profesores cos que se aprende de verdade.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que contento me quedo de saber que a idea e os traballos están gustando! Especialmente contento polos alumnos. Creo que é moi importante que eles sintan que poden aportar, que poden crear, que poden aprender sen necesidade de xogar un rol sempre pasivo. Cando vemos un resultado, cando o poñemos bonito entre todos, cando outros aprenden del, tamén entendemos algo ás veces difícil de explicar: que poñer ilusión, imaxinación e esforzo persoal son como unha chave máxica, desas que nos abren moitas portas.

      Moitas moitas gracias por estes ánimos e recoñecemento que nos dades. Para nós son impagables, de verdade.

      Eliminar
  3. Hola profe!
    No se si has visto este vídeo (supongo que si), pero por si acaso, como lo vi y me gustó mucho como explica el conflicto de Siria, te mando el enlace.

    https://www.youtube.com/watch?v=yH0NVG95fdg

    Atentamente,
    Ander

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ander!

      Coñecía o vídeo, e tamén cheguei a poñelo en clase, pero en 1º de Bac, onde como sabes fixemos unha exposición de traballos sobre Siria. Acertaches de pleno, é o tipo de vídeo que me gusta: claro, visual, breve e con linguaxe directa e coloquial.

      E encántame que agora estea aquí, porque así temos un lugar no que todos os aportes (os vosos e o meu) queden xuntos no mesmo sitio, relacionados e visitables en calquera momento.

      Moitas grazas de novo! Espero poder seguir compartindo moitas máis historias e vivencias contigo e os demais.

      Disfruta a fin de semana!

      Eliminar
  4. Anónimo25/11/15

    Excelente traballo! Que afortunados son estes alumnos e alumnas de poder aprender a Historia con sentido! A exposición é fantástica, nótase que disfrutaron. Moitas grazas e moito Ánimo!
    Uns pais agradecidos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polas vosas palabras! Afortunado foi tamén o profesor, de que o seguisen así de ben no que ao principio non era máis cá unha proposta de investigación máis un chisco de creatividade. Penso que en canto se adentraron no asunto, tamén a eles lles pareceu que era unha vergoña que o mundo non se entere ou mire para outro lado. E sei, de certo, que en canto lles damos a posibilidade de explotar a creatividade ou outras cualidades que xa teñen, case sempre logran sorprendernos, ensinarnos ou facer que nos sintamos orgullosos deles. Como eu me sentín con este proxecto. Un pracer traballar con alumnos así.

      Eles e mais eu esperamos que veñan máis, e que vos gusten tanto coma este. Non sabedes canto valoro (valoramos) estas palabras. Gracias!

      Eliminar
  5. Como molades!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gustaríache Marey! Acordeime moito de ti durante o proxecto, sobre todo cando estivemos a punto de poder traer a unha familia siria a falarlle aos alumnos. Ao final, non foi posible. Pero durante uns días, todos tiveron a posibilidade de achegarse, entender ou sentir un pouquiño máis preto un problema que non nos queda nada lonxe. Nin no tempo, nin no espazo.

      Eliminar
    2. Que pena, oxalá algún día sexa posible, meréceno!

      Eliminar
  6. Anónimo5/7/16

    Me parece muy buen trabajo, muy bien hecho. Lo que pasa es que lo que dice me parece del todo equivocado, enfoca el problema de manera que da a entender que son los sirios los culpables. Cuando el verdadero problema es el EI, que está arruinando la vida millones de personas. Detrás de esta organización terrorista hay un motivo, la destrucción del gobierno sirio. Esto es algo que EEUU quiere conseguir pues este se niega a cooperar con ellos en los trámites del petróleo. Por este motivo armó y entrenó a rebeldes sirios, que luego se convertirían en el EI. No sólo hizo eso en el pasado sino que hoy en día, es quien le sigue vendiendo las armas y comprando el petróleo, financiándolo de esta manera. Los ataques y bombardeos estadounidense no tuvieron prácticamente repercusiones para el EI sino que fueron los rusos los que realmente los debilitaron. No defiendo el gobierno sirio pero creo que está claro que los verdaderos culpables en este conflicto son los estadounidenses, que siempre están metiendo las narices donde no le llaman. Y a caso no es MUY HIPÓCRITA denunciar al gobierno sirio, decir que es terrible e intervenir en el, mientras vamos a tomar el té con los gobernantes de Arabia Saudí que son MUCHO PEORES que lo que puedan llegar a ser los sirios? Ay perdón, que estos si cooperan con temas relacionados con el petróleo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias por su comentario, que valoramos muchísimo. Quizá no hemos explicado bien el enfoque del trabajo. En ningún momento buscábamos hallar un culpable, sino más bien que los chicos se acercasen, desde diferentes puntos de vista, al problema sirio. La vida de los niños sirios, el gobierno de Al Assad, la llamada Primavera Árabe, el denominado Estado Islámico, etcétera. Y si algo sacamos en claro del trabajo fue precisamente lo contrario de lo que afirma usted en su primera frase. Sabemos que los sirios son las primerísimas víctimas de lo que pasa en Siria. Repito, en ningún momento consideramos que los sirios fueran los culpables (basta mirar las camisetas y los vídeos diseñados por los alumnos). Otra cosa que creo que también queda clara a los alumnos en esta materia (Historia del Mundo Contemporáneo) es que si hay un país en el mundo empecinado en ejercer de árbitro mundial para velar exclusivamente por sus propios intereses, ese país es Estados Unidos. En clase hemos estudiado más de dos siglos en los que esa conducta queda perfectamente definida con la Doctrina Monroe, el "destino manifiesto", el hundimiento del Maine en Cuba, el plan Marshall o el Trío de las Azores.... Es más, durante este trabajo, al investigar qué era eso de Estado Islámico, los propios alumnos destacaron la relación EEUU-EI al inicio del conflicto. Así que también tenemos claro que el problema es EI y que EEUU no fue un mero espectador sino que contribuyó de manera determinante a inflar esa organización hasta convertirla en lo que hoy es. En cuanto a los que investigaron el gobierno sirio, la verdad es que no hallaron motivos para exculparlo, en la parte que le corresponde, del problema. Y en cuanto a Rusia, que dice ver en Al Assad una garantía de orden frente a EI, me temo que asistimos a un rol similar al que pretende EEUU: la geopolítica actual se decide sobre el tablero sirio, y ambos están moviendo sus piezas egoísta, imperialista y despiadadamente, con los sirios, insisto, como víctimas. Por eso seguimos como estábamos: porque lo que interesa a las potencias no es solucionar el conflicto, sino mejorar su propia situación en la geopolítica global. Lamento que la entrada publicada, que no es más que una muestra fotográfica de los trabajos, no pueda reflejar todo lo que los chicos aprendieron.
      Gracias nuevamente, y un saludo.

      Eliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK