Cuarta edición e isto non para! Como cada ano, desde que ensino esta materia en 1º de Bacharelato, convoco aos meus alumnos a un concurso, que non é máis cá unha escusa para ver cine... e a través do cine, tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida . Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia; concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! "; ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e convicente posible... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí tedes o IV CONCURSO CINE HISTORIA de 1º de Bacharelato! 55 películas na lista 58 candidatos coa súa minicrítica (8 liñas) Só 3 gañadores
Un blog para compartir as clases e a vida
A ver se van saíndo os nomes dos lugares que vemos en cada unha das diapositivas... Salvo a última, estaremos en todos!
ResponderEliminarProfee!!jejeje eu xa sei a onde imos ir :)
ResponderEliminarJaja!
ResponderEliminarXa imaxino, xa... pero aí saen moitos lugares Paula... ¿Seríades quen de identificalos?
Bolsa de Sugus (así explicádesmo!) ou foto da excursión (a elixir), para os que dean no cravo e acerten que sae en cada unha das diapos. Non fai falla adiviñalas todas dun tirón, admítense os comentarios en equipo!
Emoción, intriga... dor de barriga?
Profe eu non sei a donde vamos pero eu non me rindo e buscarei ata dar co lugar pero bueno de momento ten moi boa pinta....
ResponderEliminarJaja! Profe, pois a min xa me gustou o premio dos Sugus! :) Teremos que buscar ata encontralo... estou segura de que o pasaremos moi ben!
ResponderEliminarIntriga, intriga!!
XA SEI A DONDE IMOS!!!! ajajaja
ResponderEliminarPois veña. A ver esas respostas!
ResponderEliminarSorprendédeme!
Imaxe 1:...
Imaxe 2:...
Imaxe 3:...
Ola profe!!esta excursión ten moi boa pinta, dame a min que o imos pasar moi ben jaja eu o que descubrin é que alguns dos lugares aos que imos son o faro de Corrubedo e o dolmen de Axeitos
ResponderEliminarImaxe 2: Dunas de Corrubedo
ResponderEliminarImaxe 3: Vistas do acantilado do Cabo de Corrubedo
Imaxe 6: Faro de Corrubedo
Imaxe 7:Dolmen de Axeitos (grazas Nerea)
Imaxe 9: Subasta de peixes nunha plaza de Corrubedo???
E ata ahí o que sei... (por ahora)
Jajajaja... Bravo! Aí vos vexo!
ResponderEliminarIsto ponse emocionante.
Así que, agora mesmo, tras os acertos de Nerea e Silvia (e a 1, que a poño eu), a cousa está como segue:
1)Parque Natural Corrubedo
2)Dunas de Corrubedo
3)Cabo e Faro de Corrubedo
4)
5)
6)Faro, novamente
7)Dolmen de Axeitos
8)
9)Subasta de peixe, si... PERO NON NUNHA PRAZA E NON EN CORRUBEDO (quente, pero non queima)
10)
A 4 e 5 son dúas imaxes do mesmo!
Aínda hai vacantes para premio!
as imaxes 4 e 5 son da casa de veraneo do arquitecto David Chipperfield
ResponderEliminarComo diría un abuelete xogando a partida e petando na mesa: "Arrastro!!!". Nerea tira a casa (a de Chipperfield, espero) pola ventá... e acerta!
ResponderEliminarQue está en...???? (Vamos Nerea!)
Queda menos!
A casa do arquitecto David Chipperfield ten vistas a "bahía del Vilar" e a "Ladeira" e ao porto.Moi cerca do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo!
ResponderEliminarEmmmm investigando un pouco, penso que a subasta de peixe é na Lonxa de Ribeira... pero non estou segura.É ou non? =)
ResponderEliminarBueno pois eu xa non teño nada que dicir....unha non pasa por caronte nunhas horas e xa se perde...o unico que podo dicir e que teño ganas de que chegue o dia 9 (:
ResponderEliminarFantástico!! Non esperaba menos de vós!
ResponderEliminarSilvia, acertadas as dúas! A casa do arquitecto que apuntaba Nerea, está onde ti dis, en Corrubedo mesmo. É unha pasada, vaivos gustar. Definitivamente, dou por boa a resposta á imaxe 9: subasta tradicional de peixe na lonxa de Ribeira: imos alucinar coa velocidade coa que cantan alí os prezos! Igual puxamos por un besugo... non?
Lucía O, non desesperes, quedan aínda por desvelar dúas. A ver quen dá con elas!!
-Imaxe 8 (eses tolos que elixiron vivir metidos no mar e en círculos de pedra).
Imaxe 10 (se as nubes nos deixan)!!!
Estou disfrutando moito. Sodes unhas cracs!
Xa se pode oler a viaxe... e o premio!
Digo o mesmo que Lucía Otero, non pasas por aqui nunhas horas e ala! Perdeste todo!! Supoño que xa non teño que dicir nada mais que estou desexando que chegue o dia 9 para ir de excursión. Imolo pasar en grande! Grazas profe por levarnos a tantos sitios :)
ResponderEliminarPois eu estou de acordo con Lucía Otero e con Samantha jajaja non entrei o martes a tarde e xa se me adiantaron...
ResponderEliminarEstou desexando que chegue o día da excursión.Imolo pasar xenial! :)
xa sei que é o que aparece na imaxe 8,é o castro de Baroña (creo)
ResponderEliminarUf, profe a imaxe 10 vai ser un pouco dificil de adiviñar porque solo saen pedras e nubes...e unha pregunta: vamos entrar nesa casa? Que chachi! :) Que chegue o día 9 xaaa :D
ResponderEliminarProfe como non me vou desesperar se Silvia e Nerea pasan o día aquí metidas jajajaj a foto que queda e a ultima e eu non sei donde e iso....
ResponderEliminarCaramba, que ambientazo!
ResponderEliminarNerea, volves dar na diana!: a imaxe 8 refírese ao Castro de Baroña. Os seus habitantes son os protagonistas dun comic que se chama "Os Barbanzóns" (de aí saquei a imaxe). Hai que estar moi tolo para facer un castro nun sitio así. Para min, o máis bonito de Galicia. Con praia ao lado!
So queda unha!
Aí vai a pista para a imaxe 10: é un sitio alto, alto, alto... desde onde se divisa moito, moito, moito... na mesma península na que nos moveremos.
Van só 3 días, e xa case o tedes!
Bueno xa que me quitaron todas aver se acerto a que queda,pode ser o mirador da Curota?:)
ResponderEliminarProfe, pode que sea o Mirardor de Rá? Está frente as dunas de corrubedo.
ResponderEliminarAi,que me equivoquei : o mirador de pedra da Rá...
ResponderEliminarReñido. Reñidííísimo ata o final!!!
ResponderEliminarXa temos pleno!!
A última imaxe está no lugar que acaba de dicir... Paula! (máis vale tarde que nunca).
Silvia, por certo, quedou moi-moi preto; pero a Pedra da Ra, a pesar de ser mirador, non está tan alta.
O mirador da Curota está na Pobra do Caramiñal, a 500 metros de altitude, e ten unhas vistas incribles (se as nubes nos deixan e non se interpoñen), por extensas e por fermosas. Estou seguro que vai ser o lugar idóneo para rematar a nosa intensa viaxe polo Barbanza.
Disfrutei como un anano grazas á vosa participación. Que non decaia! Espero seguir subindo "moedas" que vos gusten e interesen.
Ah! E como prometín, hai un pequenísimo premio. Non para Paula, senón para todas as intrépidas que acertastes e participastes nesta moeda de Caronte!
A entrega farase o día da excursión. Non podía ser doutro xeito!! Noraboa!
...QUEDAN 18 DÍAS.
jaja, profe a min tamén me gustou o teu blog!! :D Esperamos o noso premio! :)
ResponderEliminarEu creo que imos necesitar o premio porque co que imos andar fara falta glicosa jajjajajajaja
ResponderEliminarfelicidades Paula. haber si xa e a escursion k sa ai ganas de ir k ten voa pinta .Pero fostedes rapidas k a min non me dou tempo jajajajaja
ResponderEliminarA ver si ven dunaha vez
XD
Beeen!polo menos acertei a que quedaba,e era dificil :) Estamos todos desexando que chegue o dia 9.E tamen estamos desexando que nos deas o regalo.Imolo pasar xenial!
ResponderEliminarEstou contando os días que quedan para a excursión :P
ResponderEliminarE coincido (outra vez) con Lucía jaja co que imos a andar...
Gracias profe =)
17 días.
ResponderEliminarVou encargando a glucosa!
Juju, é verdade, profe, inda che temos que explicar o das sugus... =) Pero iso cando se faga entrega do premio jajaja :)
ResponderEliminarSilvia, eu creo que cando llo digamos vaise rir un pouco de nós, eh.... jajaja. Pero bueno, aínda así, contarémoscho =)
ResponderEliminarPois a ver se é verdade: que mo contades, e que nos rimos. Cos sugus e coas aventuras do día.
ResponderEliminarque ganas teño de que chegue o dia da excursion,e coincido con samantha,o mellor rise de nos polo das sugus jajaja
ResponderEliminarDa igual! jajaja o conto é pasalo ben ! :D
ResponderEliminarSilvia... ¡ESO SEMPRE! :)
ResponderEliminarAínda que se ría de nós, contámosllo igual. Total, a idea sacámola dun "lugar educativo" jeje
O enigma Sugus... "Tiemblo!"
ResponderEliminarjajaja vale profe XD jajaja Samantha, iso é verdade jeje
ResponderEliminarProfe, nos somos as sugus, unhas rapazas que se visten de colores e que a veces son difíciles de tragar ;)
jajaja profe o que dixo Samantha e verda,sacámolo dun "lugar educativo".E polo de pasalo ben non hai problema,imolo pasar xenial!
ResponderEliminarJaja profe, non fai falta que tembles, eh. Non é nada malo. Certo que somos unhas rapazas que se visten de cores, pero... creo que ti trágasnos bastante ben, non? jeje Non somos tan malas :)
ResponderEliminarEu creo que sí :)
ResponderEliminarRisas. A verdade é que resulta moi inxeniosa esa identificación cos Sugus. Tereina en conta!
ResponderEliminarEstou supersatisfeito non so cos sugus, senón con toda a variedade de caramelos que hai na clase. Seguro que se nota.
Que dure!
nos tamen estamos contentas coas clses de xeografia jaja
ResponderEliminarSi, estou de acordo con Lucía Otero.
ResponderEliminarExcepto polos apartados de economía e todo eso, que é imposible de entender...
Pero o resto xenial! :)
Pois nada Lucía, darémoslle un par de voltas a eses apartados de economía, para facer posible o imposible. Como está mandado. Conta con iso.
ResponderEliminarFaltan 5 días!