Saltar ao contido principal

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes. Temos data para unha excursión de tooooodo o día.
Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda.
Partimos?

Comentarios

  1. A ver se van saíndo os nomes dos lugares que vemos en cada unha das diapositivas... Salvo a última, estaremos en todos!

    ResponderEliminar
  2. Paula15/4/12

    Profee!!jejeje eu xa sei a onde imos ir :)

    ResponderEliminar
  3. Jaja!
    Xa imaxino, xa... pero aí saen moitos lugares Paula... ¿Seríades quen de identificalos?

    Bolsa de Sugus (así explicádesmo!) ou foto da excursión (a elixir), para os que dean no cravo e acerten que sae en cada unha das diapos. Non fai falla adiviñalas todas dun tirón, admítense os comentarios en equipo!

    Emoción, intriga... dor de barriga?

    ResponderEliminar
  4. Lucía Otero16/4/12

    Profe eu non sei a donde vamos pero eu non me rindo e buscarei ata dar co lugar pero bueno de momento ten moi boa pinta....

    ResponderEliminar
  5. Silvia16/4/12

    Jaja! Profe, pois a min xa me gustou o premio dos Sugus! :) Teremos que buscar ata encontralo... estou segura de que o pasaremos moi ben!
    Intriga, intriga!!

    ResponderEliminar
  6. Lucía Otero17/4/12

    XA SEI A DONDE IMOS!!!! ajajaja

    ResponderEliminar
  7. Pois veña. A ver esas respostas!
    Sorprendédeme!
    Imaxe 1:...
    Imaxe 2:...
    Imaxe 3:...

    ResponderEliminar
  8. Ola profe!!esta excursión ten moi boa pinta, dame a min que o imos pasar moi ben jaja eu o que descubrin é que alguns dos lugares aos que imos son o faro de Corrubedo e o dolmen de Axeitos

    ResponderEliminar
  9. Silvia17/4/12

    Imaxe 2: Dunas de Corrubedo
    Imaxe 3: Vistas do acantilado do Cabo de Corrubedo
    Imaxe 6: Faro de Corrubedo
    Imaxe 7:Dolmen de Axeitos (grazas Nerea)
    Imaxe 9: Subasta de peixes nunha plaza de Corrubedo???
    E ata ahí o que sei... (por ahora)

    ResponderEliminar
  10. Jajajaja... Bravo! Aí vos vexo!
    Isto ponse emocionante.

    Así que, agora mesmo, tras os acertos de Nerea e Silvia (e a 1, que a poño eu), a cousa está como segue:

    1)Parque Natural Corrubedo
    2)Dunas de Corrubedo
    3)Cabo e Faro de Corrubedo
    4)
    5)
    6)Faro, novamente
    7)Dolmen de Axeitos
    8)
    9)Subasta de peixe, si... PERO NON NUNHA PRAZA E NON EN CORRUBEDO (quente, pero non queima)
    10)

    A 4 e 5 son dúas imaxes do mesmo!
    Aínda hai vacantes para premio!

    ResponderEliminar
  11. as imaxes 4 e 5 son da casa de veraneo do arquitecto David Chipperfield

    ResponderEliminar
  12. Como diría un abuelete xogando a partida e petando na mesa: "Arrastro!!!". Nerea tira a casa (a de Chipperfield, espero) pola ventá... e acerta!

    Que está en...???? (Vamos Nerea!)
    Queda menos!

    ResponderEliminar
  13. Silvia17/4/12

    A casa do arquitecto David Chipperfield ten vistas a "bahía del Vilar" e a "Ladeira" e ao porto.Moi cerca do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo!

    ResponderEliminar
  14. Silvia17/4/12

    Emmmm investigando un pouco, penso que a subasta de peixe é na Lonxa de Ribeira... pero non estou segura.É ou non? =)

    ResponderEliminar
  15. Lucía Otero17/4/12

    Bueno pois eu xa non teño nada que dicir....unha non pasa por caronte nunhas horas e xa se perde...o unico que podo dicir e que teño ganas de que chegue o dia 9 (:

    ResponderEliminar
  16. Fantástico!! Non esperaba menos de vós!

    Silvia, acertadas as dúas! A casa do arquitecto que apuntaba Nerea, está onde ti dis, en Corrubedo mesmo. É unha pasada, vaivos gustar. Definitivamente, dou por boa a resposta á imaxe 9: subasta tradicional de peixe na lonxa de Ribeira: imos alucinar coa velocidade coa que cantan alí os prezos! Igual puxamos por un besugo... non?

    Lucía O, non desesperes, quedan aínda por desvelar dúas. A ver quen dá con elas!!

    -Imaxe 8 (eses tolos que elixiron vivir metidos no mar e en círculos de pedra).
    Imaxe 10 (se as nubes nos deixan)!!!

    Estou disfrutando moito. Sodes unhas cracs!
    Xa se pode oler a viaxe... e o premio!

    ResponderEliminar
  17. Samantha18/4/12

    Digo o mesmo que Lucía Otero, non pasas por aqui nunhas horas e ala! Perdeste todo!! Supoño que xa non teño que dicir nada mais que estou desexando que chegue o dia 9 para ir de excursión. Imolo pasar en grande! Grazas profe por levarnos a tantos sitios :)

    ResponderEliminar
  18. Paula18/4/12

    Pois eu estou de acordo con Lucía Otero e con Samantha jajaja non entrei o martes a tarde e xa se me adiantaron...
    Estou desexando que chegue o día da excursión.Imolo pasar xenial! :)

    ResponderEliminar
  19. xa sei que é o que aparece na imaxe 8,é o castro de Baroña (creo)

    ResponderEliminar
  20. Silvia18/4/12

    Uf, profe a imaxe 10 vai ser un pouco dificil de adiviñar porque solo saen pedras e nubes...e unha pregunta: vamos entrar nesa casa? Que chachi! :) Que chegue o día 9 xaaa :D

    ResponderEliminar
  21. Lucía Otero18/4/12

    Profe como non me vou desesperar se Silvia e Nerea pasan o día aquí metidas jajajaj a foto que queda e a ultima e eu non sei donde e iso....

    ResponderEliminar
  22. Caramba, que ambientazo!

    Nerea, volves dar na diana!: a imaxe 8 refírese ao Castro de Baroña. Os seus habitantes son os protagonistas dun comic que se chama "Os Barbanzóns" (de aí saquei a imaxe). Hai que estar moi tolo para facer un castro nun sitio así. Para min, o máis bonito de Galicia. Con praia ao lado!

    So queda unha!
    Aí vai a pista para a imaxe 10: é un sitio alto, alto, alto... desde onde se divisa moito, moito, moito... na mesma península na que nos moveremos.

    Van só 3 días, e xa case o tedes!

    ResponderEliminar
  23. Paula19/4/12

    Bueno xa que me quitaron todas aver se acerto a que queda,pode ser o mirador da Curota?:)

    ResponderEliminar
  24. Silvia19/4/12

    Profe, pode que sea o Mirardor de Rá? Está frente as dunas de corrubedo.

    ResponderEliminar
  25. Silvia19/4/12

    Ai,que me equivoquei : o mirador de pedra da Rá...

    ResponderEliminar
  26. Reñido. Reñidííísimo ata o final!!!

    Xa temos pleno!!

    A última imaxe está no lugar que acaba de dicir... Paula! (máis vale tarde que nunca).
    Silvia, por certo, quedou moi-moi preto; pero a Pedra da Ra, a pesar de ser mirador, non está tan alta.

    O mirador da Curota está na Pobra do Caramiñal, a 500 metros de altitude, e ten unhas vistas incribles (se as nubes nos deixan e non se interpoñen), por extensas e por fermosas. Estou seguro que vai ser o lugar idóneo para rematar a nosa intensa viaxe polo Barbanza.

    Disfrutei como un anano grazas á vosa participación. Que non decaia! Espero seguir subindo "moedas" que vos gusten e interesen.

    Ah! E como prometín, hai un pequenísimo premio. Non para Paula, senón para todas as intrépidas que acertastes e participastes nesta moeda de Caronte!

    A entrega farase o día da excursión. Non podía ser doutro xeito!! Noraboa!

    ...QUEDAN 18 DÍAS.

    ResponderEliminar
  27. Silvia19/4/12

    jaja, profe a min tamén me gustou o teu blog!! :D Esperamos o noso premio! :)

    ResponderEliminar
  28. Lucía Otero19/4/12

    Eu creo que imos necesitar o premio porque co que imos andar fara falta glicosa jajjajajajaja

    ResponderEliminar
  29. Almudena19/4/12

    felicidades Paula. haber si xa e a escursion k sa ai ganas de ir k ten voa pinta .Pero fostedes rapidas k a min non me dou tempo jajajajaja
    A ver si ven dunaha vez
    XD

    ResponderEliminar
  30. Paula19/4/12

    Beeen!polo menos acertei a que quedaba,e era dificil :) Estamos todos desexando que chegue o dia 9.E tamen estamos desexando que nos deas o regalo.Imolo pasar xenial!

    ResponderEliminar
  31. Samantha20/4/12

    Estou contando os días que quedan para a excursión :P
    E coincido (outra vez) con Lucía jaja co que imos a andar...
    Gracias profe =)

    ResponderEliminar
  32. 17 días.
    Vou encargando a glucosa!

    ResponderEliminar
  33. Silvia20/4/12

    Juju, é verdade, profe, inda che temos que explicar o das sugus... =) Pero iso cando se faga entrega do premio jajaja :)

    ResponderEliminar
  34. Samantha21/4/12

    Silvia, eu creo que cando llo digamos vaise rir un pouco de nós, eh.... jajaja. Pero bueno, aínda así, contarémoscho =)

    ResponderEliminar
  35. Pois a ver se é verdade: que mo contades, e que nos rimos. Cos sugus e coas aventuras do día.

    ResponderEliminar
  36. que ganas teño de que chegue o dia da excursion,e coincido con samantha,o mellor rise de nos polo das sugus jajaja

    ResponderEliminar
  37. Silvia23/4/12

    Da igual! jajaja o conto é pasalo ben ! :D

    ResponderEliminar
  38. Samantha23/4/12

    Silvia... ¡ESO SEMPRE! :)
    Aínda que se ría de nós, contámosllo igual. Total, a idea sacámola dun "lugar educativo" jeje

    ResponderEliminar
  39. O enigma Sugus... "Tiemblo!"

    ResponderEliminar
  40. Silvia24/4/12

    jajaja vale profe XD jajaja Samantha, iso é verdade jeje
    Profe, nos somos as sugus, unhas rapazas que se visten de colores e que a veces son difíciles de tragar ;)

    ResponderEliminar
  41. Paula24/4/12

    jajaja profe o que dixo Samantha e verda,sacámolo dun "lugar educativo".E polo de pasalo ben non hai problema,imolo pasar xenial!

    ResponderEliminar
  42. Samantha24/4/12

    Jaja profe, non fai falta que tembles, eh. Non é nada malo. Certo que somos unhas rapazas que se visten de cores, pero... creo que ti trágasnos bastante ben, non? jeje Non somos tan malas :)

    ResponderEliminar
  43. Silvia2/5/12

    Eu creo que sí :)

    ResponderEliminar
  44. Risas. A verdade é que resulta moi inxeniosa esa identificación cos Sugus. Tereina en conta!

    Estou supersatisfeito non so cos sugus, senón con toda a variedade de caramelos que hai na clase. Seguro que se nota.

    Que dure!

    ResponderEliminar
  45. Lucía Otero4/5/12

    nos tamen estamos contentas coas clses de xeografia jaja

    ResponderEliminar
  46. Lucía Pérez4/5/12

    Si, estou de acordo con Lucía Otero.
    Excepto polos apartados de economía e todo eso, que é imposible de entender...
    Pero o resto xenial! :)

    ResponderEliminar
  47. Pois nada Lucía, darémoslle un par de voltas a eses apartados de economía, para facer posible o imposible. Como está mandado. Conta con iso.

    Faltan 5 días!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d