07/01/15

Concurso Galicia en Foto (II)

07/01/15

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela. 

Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto

Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine!

O PRAZO PARA CONCURSAR REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9
PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10

BRAVO CENTURIÓNS!
O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande (Ourense).
Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas. 
En 1947, ao construírse o Encoro das Cunchas, todo quedou anegado polas augas do río Limia. 
Pero cando o nivel destas baixa os restos sempre asoman,
así que en 1975 comezaron alí diversas escavacións arqueolóxicas.
Grazas a elas, sabemos que isto era un Campamento militar romano, 
quizais para controlar a Vía Nova, calzada que unía as actuais Astorga e Braga,
ademais do propio río Limia.
Hai murallas, portas de entrada, barracóns, graneiros... e tamén termas!
Dous mil anos de historia vos agardan alí. Un sitio incrible, cunha chea de valores por descubrir.
Non o perdades!

Vista aérea do campamento romano de Aquis Querquennis. Vía
FOSTES 18 OS QUE DESTES UNHA RESPOSTA CORRECTA,
ASÍ QUE NOVAMENTE TIVEN QUE ELIXIR O VENCEDOR POR SORTEO.
E COS 18 NOMES NO BOMBO (TODOS EN IGUAIS DIMENSIÓNS)
 O GAÑADOR OU GAÑADORA É...

TAN-TA-TA-CHÁN!


SOFÍA!!! MIL PARABÉNS!!!

MAÑÁ LUNS TERÁS O TEU PREMIO!
PREMIO DE CINE!!!
(subiremos a foto da entrega!)





MOITÍSIMAS GRAZAS POLA ILUSIÓN!
VÉMONOS EN FEBREIRO CA TERCEIRA EDICIÓN!
A POR ELA!

Recibe os contidos no teu correo

26 comentarios

  1. Eu diría que é un campamento militar romano de Lobios (Ourense)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Cora! Había que envialo sen publicalo directamente (como se indica na entrada, por iso de evitar que outros a puidesen ver), pero ao ser a derradeira das respostas que recibín, dámoslle entrada tamén ao concurso! Moita sorte!

      Eliminar
  2. Diego Diz11/1/15

    Castro de Baroña.

    Un saúdo forte,Miguel! :)

    ResponderEliminar
  3. Paula Murias11/1/15

    O castro de Baroña!!! Dando por feito que seguramente falle!!!! Jejeje

    ResponderEliminar
  4. Rocío Pazos11/1/15

    En respuesta al concurso de Galicia en foto, el lugar que aparece son los restos arqueológicos de Bande (entre Celanova y Lobios, Ourense). Están sumergidos bajo un embalse y sólo se pueden ver cuando baja el nivel del agua. Creo que tenían función de termas, que eran lugares de ocio en la época.

    ResponderEliminar
  5. Óscar Pino11/1/15

    Boas, vendo ao fondo distínguese uns arcos, o primeiro reconstruido e uns cantos máis deteriorados Polas edificacións en si non sabería dicir pero fixándome neses arcos paréceme o campamento romano que hai en Bande, Ourense. Se son estes, coñécense por Baños de Bande, ao lado, seguindo o camiño que pasa por este campamento hai unhas bañeiras termais.

    Se non recordo mal, nos paneis informativos que hai por ali e que describen cada edificación, servía para vixiar a Vía Nova.

    Un saúdo ;).

    ResponderEliminar
  6. Telmovedra11/1/15

    Campamento de Aquis Querquennis en Bande, a súa función inicial era a de campamento para as lexións

    ResponderEliminar
  7. Elvira11/1/15

    Ola Miguel!
    Será o Castro de Fazouro?
    Un bico.

    ResponderEliminar
  8. Juan Paramos11/1/15

    Hola profe! Son novato nisto dos teus concursos . Malia iso, e guiándome polas señas de identidade desta foto, poderiamos estar falando do Castro de Baroña, en Porto do Son. So é unha suposición, polo tanto non estou moi seguro de sí é certo ou non.
    Espero que sigas facendo estos concursos... Un saudo!

    ResponderEliminar
  9. Rebeca Álvarez11/1/15

    Está en Orense y el sitio se llama Porto Quintela Bande.
    Era un campamento romano.

    ResponderEliminar
  10. Miguel Sánchez11/1/15

    Hola, Miguel.
    Creo que a foto é do campamento romano de Aquis Querquennis en Bande (Ourense). Era un campamento militar que controlaba as beiras do Limia e os seus alrededores.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Carlota Tabarra11/1/15

    La foto del concurso es en Ourense en el campamento romano Aquis Querquennis

    ResponderEliminar
  12. Lara Álvarez11/1/15

    Gustaríame comentar á resposta do concurso Galicia en foto (II)
    Eu penso que podería tratarse do campamento romano de Aquis Querquennis que se atopa á beira do encoro das Conchas (río Limia) preto dunha importante calzada romana, a vía XVIII, cerca de Bande (Ourense)

    ResponderEliminar
  13. Iria Álvarez11/1/15

    Ola profe, a foto do concurso corresponde ao campamento romano de Aquis Querquennis no Encoro das Conchas no río Limia, ou iso creo. Espero ter sorte.

    ResponderEliminar
  14. Sofía Dagá11/1/15

    O lugar da foto e chamado "A Cidá" e era un campamento militar (localízase en Ourense).

    ResponderEliminar
  15. Clara Valverde11/1/15

    Respecto á imaxe do concurso:
    Creo que é un castro fenicio en Sa Caleta.

    ResponderEliminar
  16. David Fernández11/1/15

    Profe ya sé estuve en ellas, puede ser en Orense.
    Son termas y por la forma romana. El río es el Lima, siempre me decían que tenia un gran encoro.
    O lugar concreto é Baños de Bande, solia ir de cativo, son moi bonitas esas termas ao aire libre.

    ResponderEliminar
  17. Carmen Fernández11/1/15

    Esa foto trátase do campamento romano de Bande, na provincia de Ourense.
    A súa función era controlar e defender o Imperio Romano dos seus adversarios.

    ResponderEliminar
  18. Pablo Valcárcel11/1/15

    O lugar é en Baños de Bande, Ourense e eran unhas termas romanas

    ResponderEliminar
  19. Cibrán Álvarez Castaño11/1/15

    Trátase de Aquae Querquennae, antigo campamento romano creado para construir a Vía Nova. Está en Portoquintela (a 3 km de Bande, Ourense). O pasado verán fun alí coa miña familia

    ResponderEliminar
  20. Flavio Bugarín11/1/15

    Campamento romano de Aquis Querquennis en Bande (OURENSE)

    ResponderEliminar
  21. Ander11/1/15

    Creo que é o campamento militar Romano de Aquis Querquennis en Bande.

    ResponderEliminar
  22. Unai Puga11/1/15

    A foto amósanos un campamento militar romano situado en Ourense, concretamente na localidade de Bande, as orillas do pantano Das Conchas, no río Limia.
    Este campamento romano de Aquis Querquennis formou parte do equipamento militar dos exércitos romanos no seu tránsito por Galicia nos Séculos I e II.

    ResponderEliminar
  23. Yaiza Fernández11/1/15

    Eu creo que é Bande (Ourense), e que se trata do campamento romano Aquis Querquennis, que se atopa dividido en estancias (cómo se pode observar na foto), onde habitaban as familias. A o fondo atópase unha zona termal, utilizada por estes para tomar os baños.

    ResponderEliminar
  24. Estas foron todas as respostas recibidas dentro do prazo. Nuns minutos, veredes o gañador nesta mesma entrada. Sorte a todos!! E moitas moitas grazas por participar con tanta ilusión! Non a perdades! Insistindo, todo chega!
    Na vindeira edición, daremos un paso adiante en dificultade e emoción, mentres seguimos coñecendo marabillosos rincóns de Galicia. Agárdovos!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK