29/07/13

Perfect Sense: o que importa

29/07/13

Esta película provoca síntomas graves que me vexo obrigado a adiantarvos.

Eles. Susan é epidemióloga, investiga epidemias, traballa (como di ela) coa dor e a miseria. A ventá do seu piso dá a unha especie de patio, ao que de cando en vez sae Michael, cociñeiro nun restaurante, nos momentos de descanso que atopa. Un día obsérvanse, recoñécense, desexan descubrirse. E mentres os vemos achegarse, sucede todo. A eles, a nós, a todos.

Os síntomas aparecen sen aviso, e propáganse velozmente entre as persoas. Primeiro, sentes unha repentina e inconsolable tristeza, un enorme sentimento de dor ante as cousas perdidas durante a vida. Non dura moito, apenas unhas horas. Pero cando se vai, a persoa que o sufriu descubre horrorizada que xa non ten olfato. Perdeches a capacidade de oler... e en consecuencia, tamén, o sentido do gusto. Cando todos nos damos conta desta perda, desátase o pánico, e aparece un impulso incontrolable por comer, que dura uns minutos. Tras ese impulso, todos comprenden que a humanidade está enferma de algo. Tempo de reaccionar.

É curioso pensar cómo reaccionaría cada grupo mundial ante o descoñecido: os ecoloxistas falan dun cataclismo ambiental; a intelixencia militar, dun ataque ao mundo libre perpetrado polos fundamentalistas; os fundamentalistas, dun castigo de deus a un mundo no que ninguén cre, e prometen que o olfato volverá aos que teñen fe. Outros acusan aos poderes capitalistas de liberar un virus para estimular a economía... Alguén dá máis?

E mentres os humanos se pelexan, novos síntomas se expanden: ira, violencia, xordeira... Algúns empezan a preguntarse como sonará a fin do mundo. Outros, vendo todo o que perderon, comezan a preguntarse que será o seguinte... Atréveste a sentilo?

Esta non é unha peli de catástrofes nin heroes. Pero si de sentir e pensar. 
Aquí quizais descubras, tras perder, que nos sobra case todo. 
Incluso os sentidos...

(Clic no cartel, para ver trailer)

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Iván1/8/13

    Grandísimos actores, me la apunto!

    ResponderEliminar
  2. E nesta película demóstrano ben!

    ResponderEliminar
  3. Alba Melenre27/9/13

    Nunca había escuchado hablar de esta película, y la verdad que por lo que he leído, no entiendo el porque.... Estoy deseando verla. A ver si puedo aprovechar este fin de semana para verla, y estoy segura de que me gustará

    ResponderEliminar
  4. Alba: vaiche encantar! É unha peli diferente, que te vai sorprendendo a cada pouco. Nin cataclismos, nin héroes, nin efectos especiais. Para que? Só duas persoas normais, enfrontadas a algo para o que ninguén está preparado...

    Como lin un día: "cando a dor aparece, e todo desaparece... que nos queda?"

    Disfrútaa! E xa nos contarás...
    :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK