14/01/13

Amish

14/01/13

Debatindo sobre anarquía en 1º de Bac, Bryan mencionou os Amish. Explicounos a todos que era xente que vivía apartada, con costumes ríxidas e doutras épocas, e que de cando en vez vense en películas e ata en series como os Simpson. Non todos nos facíamos unha imaxe, así que parecía interesante tirar un pouco dese fío, que tamén coñecían Iván e outros, para descubrir un pouco máis. E como unha imaxe vale máis que mil palabras:





A maioría dos Amish viven en Norteamérica, a onde emigraron desde Europa no século XVII. Aquí as súas crenzas relixiosas incomodaban moito ás doutrinas maioritarias, así que non pararon ata que os botaron. Actualmente conservan aínda unha fala que é dialecto do alemán e son moi coñecidos polo seu estilo de vida sinxela, humilde e autosuficiente. A súa relixión obrígaos a vivir illados do resto da xente e imponlles normas moi estritas acerca incluso da roupa e o aspecto persoal, para manter así as súas tradicións. Como rexeitan a modernidade, non poden ter electricidade, nin televisión, nin teléfonos, nin internet, nin automóbiles... o que os fai anacrónicos e moi particulares aos nosos ollos.

Por iso nun capítulo dos Simpson saen construíndo casas de madeira cunha facilidade pasmosa, pero ao non saber nada de electricidade acaban facendo arder a cabana de Bart... A maioría dos Amish séntense felices e libres de moitos dos apegos innecesarios que ven no noso estilo de vida. Pero tamén os hai que empezan a pedir cambios para adaptarse aos tempos. Coma os que se prestaron a saír na curiosísima reportaxe "Problemas en el paraíso Amish". Se vos presta ver como viven, Clic AQUÍ.

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. Pode verse na peli de Peter Weir ''Único Testigo'' como viven os Amish... e tamén en ''El Bosque'' de M. Night Shyamalan aínda que nesta en realidade se fai unha crítica a este tipo de sociedade.

    ResponderEliminar
  2. Aí te vexo, Duarte!
    Non vin ningunha delas, pero a de Peter Weir (director de Master and Commander, El show de Truman, El club de los poetas muertos...) promete. Para variar!

    ResponderEliminar
  3. El Bosque é boisima tamén, a min incluso me gusta máis si cabe, do director de ''Señales'' e ''El Sexto Sentido''

    ResponderEliminar
  4. Marey26/1/13

    Ola Miguel! Outra vez volvo sentirme identificada. Non exactamente polos Amish, pero este ano visitei St. Jacobs, un pobo en Ontario estritamente relacionado cos menonitas, de feito puiden ver uns cantos por alí, mesmo un mercado no que algúns deles traballan. Pareceume moi interesante o xeito en que viven, como tamén o dos Amish, foi apaixoante!

    ResponderEliminar
  5. Ola Marey! En Ontario! Que sorte... Si, creo que Amish e Menonitas son moi moi similares. Eu faría o mesmo cá ti: iría ata alí só para poder coñecelos. Paréceme algo do máis interesante. Que experiencia viviche, xa me contarás ou amosarás algunha foto!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK