Saltar ao contido principal

Conto para... durmir?

Aparte das Perseidas, hoxe déixovos Opción b para a noite: un conto fabuloso e moi divertido dunha avoa calquera. Ben, calquera non... Esta está un pouco tola. E tamén, a verdade, algo queimada co tema da beleza e a xuventude. Por favor, non llo teñades en conta... Ten grandes dotes narratorias! E tamén unha longa risa...

Por suposto, este é un conto para antes de durmir. Se é que logrades durmir...

Comentarios

  1. Non sei se durmir esta noite...

    ResponderEliminar
  2. Samantha13/8/12

    Creo que non vou a lograr durmir esta noite. Mellor así! Porque si durmo... jeje.

    ResponderEliminar
  3. Non todas as "abuelitas" van ser de contar historias amables e facer suculentos postres... Que bastón, que humor, que risa, e que pelos!

    ResponderEliminar
  4. Silvia14/8/12

    Jajaja, un bo conto para antes de durmir!

    ResponderEliminar
  5. Sandra17/8/12

    aiaiaiaiaiai...jijijiji...está un pouco enfadada a abueliña,non?! calquera ve este conto á noite! cando os párpados xa non aguantan, pican os ollos e o pescozo non pode coa cabeza e comeza a abanearse dun lado ó outro....
    a pesar do malefecio gustoume o conto,o que dis ti Miguel, qué bastón, qué pelos!! jajajaja

    ResponderEliminar
  6. Bueno, tes razón Sandra: é un maleficio de avoa un pouco mala e cabreada...

    Pero, no fondo, se o pensas ben, eu creo que esta peculiar avoa está sendo tope didáctica coa súa neta. Seguramente non quere que medre pensando que a beleza (que a neta ten) abonda para vivir ben a vida. Non sei, quizais invente contos coma este para evitar que un día se convirta nunha desas fadaspijotontas, que cren que van ser novas, guapas e fantásticas durante toda a vida... E coa súa risa e o seu bastón, ensínalle outras virtudes. Por exemplo, a do terrible peso da xustiza...

    Jajejijoju...

    ResponderEliminar
  7. Sandra21/8/12

    JAJEJIJOJU!!!! Tes razón Miguel.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...