Aparte das Perseidas, hoxe déixovos Opción b para a noite: un conto fabuloso e moi divertido dunha avoa calquera. Ben, calquera non... Esta está un pouco tola. E tamén, a verdade, algo queimada co tema da beleza e a xuventude. Por favor, non llo teñades en conta... Ten grandes dotes narratorias! E tamén unha longa risa...
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Non sei se durmir esta noite...
ResponderEliminarCreo que non vou a lograr durmir esta noite. Mellor así! Porque si durmo... jeje.
ResponderEliminarNon todas as "abuelitas" van ser de contar historias amables e facer suculentos postres... Que bastón, que humor, que risa, e que pelos!
ResponderEliminarJajaja, un bo conto para antes de durmir!
ResponderEliminaraiaiaiaiaiai...jijijiji...está un pouco enfadada a abueliña,non?! calquera ve este conto á noite! cando os párpados xa non aguantan, pican os ollos e o pescozo non pode coa cabeza e comeza a abanearse dun lado ó outro....
ResponderEliminara pesar do malefecio gustoume o conto,o que dis ti Miguel, qué bastón, qué pelos!! jajajaja
Bueno, tes razón Sandra: é un maleficio de avoa un pouco mala e cabreada...
ResponderEliminarPero, no fondo, se o pensas ben, eu creo que esta peculiar avoa está sendo tope didáctica coa súa neta. Seguramente non quere que medre pensando que a beleza (que a neta ten) abonda para vivir ben a vida. Non sei, quizais invente contos coma este para evitar que un día se convirta nunha desas fadaspijotontas, que cren que van ser novas, guapas e fantásticas durante toda a vida... E coa súa risa e o seu bastón, ensínalle outras virtudes. Por exemplo, a do terrible peso da xustiza...
Jajejijoju...
JAJEJIJOJU!!!! Tes razón Miguel.
ResponderEliminarPobre neno, jajaj
ResponderEliminar