Eses profes tan... recoñecibles . Risas e crítica mordaz, todo nun. Esmendrello coa risa! Cada vez que o vexo. Pero teño algo que alegar á excelente interpretación dos dous actores: Brunelleschi nunca pintou a cúpula da catedral de Florencia, nin por dentro nin por fóra; so se encargou de facela... ( ou...¿será que tamén eu lle estou collendo manía a González? ). O outro vídeo da certeira serie El profe me tiene manía vai de cromos (un clásico), e tampouco ten desperdicio. Déixovolo AQUÍ . Aproveitade para facer sangue. Non hai dor!
Un blog para compartir as clases e a vida