Saltar ao contido principal

Vacas, música e ideas

Idea para os músicos e cantareiras das terras de Meira
Porque... acaso pode haber un público máis a man, e máis divertido? Para cando unha proba?



A crise está a castigar tamén ás granxas galegas. O porque?: a Unión Europea obrigou a modernizar as granxas (endebedamento dos gandeiros); pero ao tempo obríganos a producir menos do que podemos e do que consumimos (as famosas cotas lácteas); en cambio, a Francia sóbralle leite, que coloca aquí a prezos extrabaixos, rompendo totalmente o mercado coa axuda das marcas brancas; a raíz diso, o que se paga ao produtor non dá para cubrir os costes de produción (trinta céntimos por litro!).

Que podemos facer? Adaptarnos aos tempos. Pensar, Innovar, Ser Orixinais. Un exemplo atopámolo moi cerca, en Monterroso, no innovador e fermoso proxecto da Granxa Maruxa (a súa web, AQUÍ). Onde a vaca non é tratada como unha fábrica de leite, senón como un ser vivo que precisa, como nós, ambientes agradables: paisaxes e pintura nas paredes, música clásica (ou non tan clásica) nas cuadras, camas de area, ... e a estrela do negocio: as Maruxas de nata. 

Comentarios

  1. Sandra8/11/11

    Qué grande.Encantoume.A música é indispensable e agradable tamén para os animais.Alégrome de que haxa granxas nas que o coidado, o cariño hacia os animais sexa o principal,os animais merecen eso e moito máis.Senten e sufren coma nós e merecen todo o respeto e cariño, dannos todo a cambio de nada.Hoxe para min é un día triste, morreu o meu amigo "Nejo", un coello que adoptei fai tres anos e deume todo o seu cariño e compaña a cambio de nada,se mo permites Miguel,a miña homenaxe para él dende este gran blog,no que tamén se demostra o cariño e o respeto aos animais.Botareite moitísimo de menos Nejo!Grazas por estes tres anos!

    ResponderEliminar
  2. Poucos animais teñen a sorte de ter unha amiga que coide deles como fas ti. E el tívoa. Un bico, Sandra.

    ResponderEliminar
  3. Alba Malva12/11/11

    Eu necesito facer isto algunha vez...Por deus! a miña máxima experiencia deste tipo foi cun yorkshire, que tamén estaba moi atento...pero cando se che mete no medio dos pedais do piano e tes medo a espachurralo xa non fai tanta gracia... jaja Xenial a idea!

    ResponderEliminar
  4. Iso é porque era un yorkshire. É un problema de tamaño. Se fose cunha vaca non se metía entre os pedais... Pois xa sabes: ti xunta a banda, que eu poño o prado, as vacas e a cámara pra gravalo! (E non é broma).

    ResponderEliminar
  5. Benvidas ao maior espectaculo do mundo! debeu decirlle a primeira vaca, que escoitou os musicos, as outras vacas.
    Pois e que a musica non entende de razas, pouco publico esta tan atenco como estas humildes vacas. Pois como dixo un profesor actual meu: Hai moita vaca sin cencerro solta polo mundo. jeje

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...