Saltar ao contido principal

O galgo de Mónica

Ás veces atopas unha noticia que te reconcilia coa vida. A de hoxe vai de animais fermosos, intelixentes e leais. Capaces de recibirte á carreira e con mil lambetazos aínda que leves un ano fóra da casa. Con ollos grandes e limpos, e sen un mal reproche. Animais nobres e silenciosos que non sempre atopan unha persoa á altura, capaz de devolverlles un pouco do que eles nos dan. 

A historia de Mónica e Zoe é un oasis doce e cálido na seca e xélida realidade, e especialmente na do galgo; porque 50.000 novos galgos son abandonados cada ano en España. Cálculo que non ten en conta aos que son queimados vivos, pulverizados con ácido, arroxados a pozos, atados no interior de covas, colgados de árbores ou sometidos a outras canalladas similares. Case sempre, como imaxinades, ligadas a cazadores imbéciles e desprezables, que reducen a vida dun ser admirable a catro carreiras polo monte.


E como é cousa de todos loitar contra iso e lembrarnos dos que agardan unha segunda vida nas canceiras, déixovos as ligazóns a SOS Galgos, a Protectora de Lugo, ao coidadoso blog da Protectora de Vigo e, de paso, a un certeiro e inquietante artigo de Arturo Pérez-Reverte: "La perra color canela". Deses que encollen a alma e dificultan a dixestión, a partes iguais.

Comentarios

  1. vitoria22/11/11

    Guau!
    Ademais de todas as ventaxas que sinala Mónica, os galgos teñen unha máis: a súa sombra é a máis bonita entre todas as sombras de cas, en serio!
    E conta comigo para partirlle a cara ó que lle faga dano a un can, aunque no suene cívico...

    ResponderEliminar
  2. Sandra22/11/11

    Canto hai qué loitar para que a xente se dé conta de que os animais sinten e sufran coma nós!? e qué vos parece? cando neste país aínda hai xente que vai ver como se tortura ata a morte a un animal nunha praza! é unha VERGOÑA!!é INTOLERABLE!! É INDIGNANTE! Súmome a Reverte e a Vitoria : pártolle a cara ó que lle faga dano a un animal.Cívico? a caso é cívico o que maltrata?!

    ResponderEliminar
  3. Aí estamos, valentes!
    Bueno, xa temos grupo para "crujir" ao que faga falta. Agora só queda... que non faga falta!

    pd: ademais dunha sombra e un corazón fermoso, non entendo como alguén pode levantarlle a man a un animal cun aspecto así, tan sumamente fráxil.

    ResponderEliminar
  4. Sandra23/11/11

    Estou contigo Miguel.

    PD: para cando unha entrada no blog do "Tío la Vara"??? :-)

    ResponderEliminar
  5. marisa23/11/11

    Tou de acordo con vos, eu son unha persoa moi pacífica pero creo que se vexo a alguén maltratando a un animal non me quedo quieta é algo que non podo consentir e loitaría con quen fora para defendelo ¡que pena que quede xente con tan pouca sensibilidade!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d