15/11/11

Camiñando ao grande

15/11/11

Soñou ser Adele... e conseguiuno sendo ela mesma. Con talento, con esforzo, e coa axuda de seus propios irmáns á batería e á guitarra. Porque os soños lógranse so cando camiñamos cara eles... Ao grande. Aínda sendo pequenos. Clic para velos... e lembrade pechar a boca!

Recibe os contidos no teu correo

10 comentarios

  1. Alba Malva16/11/11

    Como lle din a esta pequena?
    http://www.youtube.com/watch?v=uZDZg_stgK0&feature=related
    Temblen,artistas de agora...

    ResponderEliminar
  2. Pois fanse chamar "Vázquez Sounds", polo seu apelido. A nena ten so 10 anos, é mexicana, e os que tocan con ela son os seus dous irmáns. Está claro que lles encanta o que están facendo. Non hai máis que velos. Moi boa a cara da cantante cando remata o vídeo.
    A do teu enlace, non se queda atrás...

    ResponderEliminar
  3. Sandra18/11/11

    Encántame Adele e cando vin este vídeo alucinei, estou segura de que van chegar moi lonxe en só uns días que leva o vídeo publicado xa traspasaron fronteras!! Son bós e gústalles o que fan, transmíteno e iso xa o di todo.Moita sorte para eles!! merécena!!

    ResponderEliminar
  4. Paula Murias25/11/11

    A primeira vez que escoitei a estes tres irmáns flipei, pero cada vez que a volvo escoitar flipo mais. A nena ten unha voz tremenda non cabe dubida de que é unha cantante en potencia, e os irmáns non se quedan atras. VIVA A MÚSICA,SEN ELA NADA SERIA O MISMO!! Porque todos temos unha banda sonora na nosa vida, e este grupo con esta cancion xa forma parta da miña.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que si. Alegran o día! Que coa que está caendo non é pouco.

    ResponderEliminar
  6. Silvia10/5/12

    Alucinando...

    ResponderEliminar
  7. Alégrame o alucine...
    Sempre ao grande! E agora corre, e fai vibrar a alma dese piano como ti sabes!

    ResponderEliminar
  8. Silvia10/5/12

    :) Fareino. Está prometido.Pero gustaríame saber para que vas utilizar o video... Jajaja Cando mo propuxeches, tiñas cara de estar maquinando algo...

    ResponderEliminar
  9. O comentario anterior é en xeral, independente do vídeo que mencionabamos onte. Non sei, creo que a mensaxe destes rapaces é que se facemos as cousas que nos gustan (o piano; pero tamén unha receta, os estudos, o traballo...) poñéndolle paixón, alma, ganas ou como queiramos chamalo, os resultados sempre serán infinitamente mellores.

    E a idea dunha entrada en Caronte cun vídeo voso ao piano iría por aí: cando poñemos interese, esforzo e paixón, o resultado sempre é mellor, moitas veces admirable.
    Con música isto é algo fácil de explicar, xa que apenas fan falta palabras. E que o toquedes vós, paréceme exemplar. Ademais, un segredo... eu non sei música!

    ResponderEliminar
  10. Silvia11/5/12

    Si, solo se necesitan ganas e un pouco de esforzo. A verdade é que podiamos facer unha orquesta, jajaja, xa que Isa toca o violonchelo e Andrea tamén sabe piano :) somos unha pequena familia de músicas ;)
    Profe, non sabes música, pero... xa sabes, solo se necesitan ganas :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK