“ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...
Un blog para compartir as clases e a vida
%2B21.44.31.png)
Como lle din a esta pequena?
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=uZDZg_stgK0&feature=related
Temblen,artistas de agora...
Pois fanse chamar "Vázquez Sounds", polo seu apelido. A nena ten so 10 anos, é mexicana, e os que tocan con ela son os seus dous irmáns. Está claro que lles encanta o que están facendo. Non hai máis que velos. Moi boa a cara da cantante cando remata o vídeo.
ResponderEliminarA do teu enlace, non se queda atrás...
Encántame Adele e cando vin este vídeo alucinei, estou segura de que van chegar moi lonxe en só uns días que leva o vídeo publicado xa traspasaron fronteras!! Son bós e gústalles o que fan, transmíteno e iso xa o di todo.Moita sorte para eles!! merécena!!
ResponderEliminarA primeira vez que escoitei a estes tres irmáns flipei, pero cada vez que a volvo escoitar flipo mais. A nena ten unha voz tremenda non cabe dubida de que é unha cantante en potencia, e os irmáns non se quedan atras. VIVA A MÚSICA,SEN ELA NADA SERIA O MISMO!! Porque todos temos unha banda sonora na nosa vida, e este grupo con esta cancion xa forma parta da miña.
ResponderEliminarA verdade é que si. Alegran o día! Que coa que está caendo non é pouco.
ResponderEliminarAlucinando...
ResponderEliminarAlégrame o alucine...
ResponderEliminarSempre ao grande! E agora corre, e fai vibrar a alma dese piano como ti sabes!
:) Fareino. Está prometido.Pero gustaríame saber para que vas utilizar o video... Jajaja Cando mo propuxeches, tiñas cara de estar maquinando algo...
ResponderEliminarO comentario anterior é en xeral, independente do vídeo que mencionabamos onte. Non sei, creo que a mensaxe destes rapaces é que se facemos as cousas que nos gustan (o piano; pero tamén unha receta, os estudos, o traballo...) poñéndolle paixón, alma, ganas ou como queiramos chamalo, os resultados sempre serán infinitamente mellores.
ResponderEliminarE a idea dunha entrada en Caronte cun vídeo voso ao piano iría por aí: cando poñemos interese, esforzo e paixón, o resultado sempre é mellor, moitas veces admirable.
Con música isto é algo fácil de explicar, xa que apenas fan falta palabras. E que o toquedes vós, paréceme exemplar. Ademais, un segredo... eu non sei música!
Si, solo se necesitan ganas e un pouco de esforzo. A verdade é que podiamos facer unha orquesta, jajaja, xa que Isa toca o violonchelo e Andrea tamén sabe piano :) somos unha pequena familia de músicas ;)
ResponderEliminarProfe, non sabes música, pero... xa sabes, solo se necesitan ganas :)