Saltar ao contido principal

A impresionante secuencia do Faro de La Jument

Que se ve na foto? So un faro...? Fixádevos ben.







Unha das cousas que máis me sorprendeu ao empezar a estudar a carreira, foi... un posto de venda de carteis que ía itinerando por todo o campus, de facultade en facultade. Carteis ENORMES, relacionados con cine, música, cidades, paisaxes, fotografía... e que viñan xeniais para personalizar as frías paredes da nova habitación. Coma esa que moitos teredes, a partir de setembro.

Tívenos de música, de cine e ata de vacas (xa sabedes, a cabra tira ao monte). Pero ningún me impresionou nunca tanto coma este. Refírome á incrible fotografía dun fareiro en plena tempestade, a punto de ser tragado polo océano. Era o 21 de decembro de 1989, cando o Photoshop aínda non existía. Unha tormenta incrible no Atlántico golpeaba o Faro de la Jument, na Bretaña francesa, unha das áreas do mundo máis castigadas polas tempestades.


O mar golpeaba con forza o faro e as enormes ondas romperan xa as ventanas do primeiro piso. O fareiro comezaba a asustarse. O fotógrafo, Jean Guichard, que traballaba nunha colección de fotos de faros, decidiu achegarse en helicóptero para retratalo todo. Ao velo aproximarse, o fareiro pensou que viñan rescatalo, e apresurouse a saír á porta, xusto no momento no que unha onda xigante empezaba a envolver o faro por detrás. E entón... clicade na foto para ver a secuencia do que pasou...

Comentarios

  1. elvira27/6/11

    Impresionante

    ResponderEliminar
  2. Paula27/6/11

    Hola Miguel, unha foto impresionante,nunca a vira.

    Por certo, gustaríame que si puideras me pasaras unha lista de libros para leer polo verán,xa que comprei tres xusto ao acabar o curso, e xa os terminei. Se podes mandama o meu correo
    " paulamuriassobrado@hotmail ". Por que esta semana non sei si vou poder ir polo instituto, maña o mellor si pero a primeira hora.

    Graciñas

    ResponderEliminar
  3. a min tamén me impresionou moito esta foto, fai pouco tempo que a vín e deixoume fascinada, por certo, ainda me lembrei este domingo, e tiven a punto de falarche dela, e ahora cando a vín quedei sorprendida, temos telepatía Miguel. Un bico

    ResponderEliminar
  4. Elvira: quen nos vería correr se estamos aí.

    Paula: iso está feito!

    Mlp: temos telepatía... e algúns xenes en común, que seguro que tamén conta algo...

    ResponderEliminar
  5. Sandra29/6/11

    Qué imaxes tan impresionantes!!!teños os pelos de punta!!sempre me gustaron os faros,pero o mesmo tempo teño unha sensación extraña,coma de respeto e o ver estas fotos aínda máis.Qué medo!!agardo que o fareiro saíse con vida desa tempestade,o caso e que na última foto ata parece que está coas mans no bolsillo!!

    ResponderEliminar
  6. Sandra29/6/11

    Por certo,gustoume moito o detalle de poñer o mapa para situarnos xusto no lugar dos feitos.
    E eu tamén me lembro deses pósters dos que falas.No primeiro ano de carreira e na súa primeira semana en Santiago,o meu irmán viu eses pósters dos que falas,encontrou un en branco e negro,chulísimo,do meu grupo preferido e troúxomo.Quedei coa boca aberta cando o vin!Directo para a parede da miña habitación.O que quizais no saiba o meu irmán e que aínda conservo ese gran póster que tanta ilusión me fizo naquel tempo e que aínda agora gardo con moito cariño. :-)

    ResponderEliminar
  7. A verdade é que tes un irmán moi molón! Rosma un pouco, pero mola.

    ResponderEliminar
  8. elvira1/7/11

    Eu non correria porque xa estaría morta do susto!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...