Que se ve na foto? So un faro...? Fixádevos ben.
Unha das cousas que máis me sorprendeu ao empezar a estudar a carreira, foi... un posto de venda de carteis que ía itinerando por todo o campus, de facultade en facultade. Carteis ENORMES, relacionados con cine, música, cidades, paisaxes, fotografía... e que viñan xeniais para personalizar as frías paredes da nova habitación. Coma esa que moitos teredes, a partir de setembro.
Tívenos de música, de cine e ata de vacas (xa sabedes, a cabra tira ao monte). Pero ningún me impresionou nunca tanto coma este. Refírome á incrible fotografía dun fareiro en plena tempestade, a punto de ser tragado polo océano. Era o 21 de decembro de 1989, cando o Photoshop aínda non existía. Unha tormenta incrible no Atlántico golpeaba o Faro de la Jument, na Bretaña francesa, unha das áreas do mundo máis castigadas polas tempestades.
O mar golpeaba con forza o faro e as enormes ondas romperan xa as ventanas do primeiro piso. O fareiro comezaba a asustarse. O fotógrafo, Jean Guichard, que traballaba nunha colección de fotos de faros, decidiu achegarse en helicóptero para retratalo todo. Ao velo aproximarse, o fareiro pensou que viñan rescatalo, e apresurouse a saír á porta, xusto no momento no que unha onda xigante empezaba a envolver o faro por detrás. E entón... clicade na foto para ver a secuencia do que pasou...
Impresionante
ResponderEliminarHola Miguel, unha foto impresionante,nunca a vira.
ResponderEliminarPor certo, gustaríame que si puideras me pasaras unha lista de libros para leer polo verán,xa que comprei tres xusto ao acabar o curso, e xa os terminei. Se podes mandama o meu correo
" paulamuriassobrado@hotmail ". Por que esta semana non sei si vou poder ir polo instituto, maña o mellor si pero a primeira hora.
Graciñas
a min tamén me impresionou moito esta foto, fai pouco tempo que a vín e deixoume fascinada, por certo, ainda me lembrei este domingo, e tiven a punto de falarche dela, e ahora cando a vín quedei sorprendida, temos telepatía Miguel. Un bico
ResponderEliminarElvira: quen nos vería correr se estamos aí.
ResponderEliminarPaula: iso está feito!
Mlp: temos telepatía... e algúns xenes en común, que seguro que tamén conta algo...
Qué imaxes tan impresionantes!!!teños os pelos de punta!!sempre me gustaron os faros,pero o mesmo tempo teño unha sensación extraña,coma de respeto e o ver estas fotos aínda máis.Qué medo!!agardo que o fareiro saíse con vida desa tempestade,o caso e que na última foto ata parece que está coas mans no bolsillo!!
ResponderEliminarPor certo,gustoume moito o detalle de poñer o mapa para situarnos xusto no lugar dos feitos.
ResponderEliminarE eu tamén me lembro deses pósters dos que falas.No primeiro ano de carreira e na súa primeira semana en Santiago,o meu irmán viu eses pósters dos que falas,encontrou un en branco e negro,chulísimo,do meu grupo preferido e troúxomo.Quedei coa boca aberta cando o vin!Directo para a parede da miña habitación.O que quizais no saiba o meu irmán e que aínda conservo ese gran póster que tanta ilusión me fizo naquel tempo e que aínda agora gardo con moito cariño. :-)
A verdade é que tes un irmán moi molón! Rosma un pouco, pero mola.
ResponderEliminarEu non correria porque xa estaría morta do susto!!!
ResponderEliminar