Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DxT

Amigo é nome de can

Ecuador, Novembro de 2014. Campionato do Mundo de Aventura Estrema . O evento reúne en Quito a 70 equipos procedentes de 30 países do mundo, para unha competición que non é moco de pavo: 8 días e máis de 700 quilómetros competindo en diferentes disciplinas: bicicleta de montaña, carreira, cordas (rapel, ascenso, tirolina) e kayak. Desde o Amazonas ata a costa, e atravesando a cordilleira dos Andes. Que se di pronto! Dunha proba así só pode saír un campión. E sabedes quen gañou? Ben, pois... A ver, o que se di chegar, chegaron primeiro os neocelandeses; pero os que realmente gañaron non foron eles. E agora veredes por que. Porque hai derrotas que valen máis que mil vitorias. Segundo día de competición. Un can de aspecto vagabundo achégase aos suecos. Mikael, que capitanea o equipo, ofrécelle unha pequena bola de carne, que o cadelo recoñece e zampa con ollos ávidos. O grupo segue adiante, pero xa non vai só. O animal comeza a seguilos . O equipo, sabendo o que teñen por diante, ...

Verónica, Balón de Ouro

Non sae nas portadas porque é muller , e iso dinos o lonxe que estamos de poder falar de igualdade. Pero o que Vero Boquete , futbolista galega de 27 anos, nacida en Santiago de Compostela, está conseguindo meréceas todas polo que ten de exemplar. Clic para vela xogando ao fútbol Vía Primeiro por apostar forte pola súa paixón . Segundo, polo valor de saír fóra e recorrer o mundo para facerse o seu propio camiño, xogando en equipos de España, Rusia, Estados Unidos, Suecia e actualmente Alemaña. E terceiro, por ser quen de gañar en todos eles títulos tanto colectivos como individuais que, todos xuntos, dan unha idea da súa calidade:  39 goles en 26 partidos na Liga española 2010-2011;  Mellor Xogadora de 2011 na Women's Professional Soccer de EEUU; f inalista dunha Champions League ; c apitana da selección española,  2 veces candidata a Mellor Futbolista de Europa... E desde a pasada semana unha das 10 candidatas a recibir o Balón de Ouro, como mellor futb...

Un 10 para Robinson

A lección de María de Villota , a traxectoria truncada de Fernando Martín (primeiro español en ir á NBA), a vitoria no Mundial, o secreto de Víctor Valdés, a triste historia de Robert Enke, a abdicación de Ronaldinho, a marca de Etoo, os comezos de Falcao, o neno Ricky Rubio, un día con Piqué, que foi da xeneración Casillas, o mítico duelo Karpov vs Kasparov, David Millar saíndo da dopaxe, o espírito de Juanito, o soño de Ibaka... Hai un mundo entre Informe Robinson e o resto de programas deportivos . E ese mundo de distancia pódese resumir nunha soa palabra: Calidade. Cada entrega de Informe Robinson é unha historia roubada ao deporte, a cara oculta das cousas, ou simplemente unha lección persoal... non sempre con final feliz. O deportista redúcese a persoa. A fama desaparece para desvelarnos o que esconde. E tras a máscara do personaxe, o programa descúbrenos a unha persoa normal, coma ti e coma min . Que elixe, que se equivoca, que dubida, que loita, que sente medo, que ...

Ao Polo Sur, só e en bici

Se todo sae ben, dentro de 3 días Juan Menéndez Granados será a primeira persoa en lograr chegar ao Polo Sur, só e sen axuda... en bici!   Pero non vai ser doado . Leva xa 41 días pedaleando a través da Antártida. Cada xornada pasa 12 horas sobre a bici ou tirando dela para cubrir apenas uns 30 quilómetros. A temperatura (-35º), o relevo, os ventos, ou as condicións da neve raramente lle permiten superar esa distancia diaria . Cando o corpo xa non aguanta, Juan monta a súa tenda, derrete neve nun pequeno forno de gas que leva e trata de repoñer forzas e replanificar a ruta en función de como van as cousas. O problema é que o itinerario está resultando algo máis longo do agardado. Onte mesmo, Juan contaba no seu blog que fáltanlle só uns 126 quilómetros para chegar ao Polo Sur... pero xa non lle queda máis que un almorzo, unha cea e apenas uns restos de froitos secos .  Que chegues Juan. Que chegues ao Polo, como un día soñache. Toda a épica e beleza da sú...

A atleta 10

Tiña 14 anos e medía apenas metro e medio . Pero ela soa fixo cambiar todos os marcadores electrónicos que existían para a ximnasia artística ao lograr o primeiro 10 da historia deste deporte , nos Xogos de Montreal 1976. E ese 10 era a nota media da emitida por todos os xuíces alí presentes! Para valorar esa  Beleza nada mellor que velo, cun Clic na imaxe O marcador só chegaba ata 9.95 como máximo , así que tiveron que poñerlle 1.00 porque non había díxitos dabondo para a verdadeira calificación do seu exercicio. A atleta rumana Nadia Comaneci foi a primeira ximnasta da Historia en lograr esta calificación perfecta . Como se diría metaforicamente, rebentou o marcador. Ata seis veces máis foi capaz de repetir esa puntuación  neses mesmos Xogos Olímpicos ante un público completamente atónito polo momento histórico que estaba presenciando. Outro dos exercicios nos que o logrou foi en Barra de Equilibrio , onde a rumana volveu demostrar unha elasticidade, unha ...

Navegar sen móbiles

Esta é a competición máis longa e dura que existe . Agora chámana  Volvo Ocean Race , pero segue sendo a carreira da volta ao mundo a vela. Nove meses navegando arredor do planeta, entre borrascas e océanos, e sen un árbitro que poida paralo todo cando as cousas se poñen feas e perigosas. No mar, se hai temporal, ninguén se pode baixar ata que o barco e a tripulación logran saír del. Hoxe lin que 3.000 alumnos coma vós están tendo a sorte de poder escoitar nos seus institutos (en Levante) a un dos regatistas da última edición. Nas charlas, ensínase como é a vida a bordo: que comen, como durmen, como se navega cando as ondas superan os 15 metros de altura, ou que significa afrontar xuntos o éxito e o fracaso. Coma dun equipo de verdade. Falarán de valores que outros deportes raras veces logran ensinar coa mesma tenacidade . E darán a coñecer palabras tan fermosas como Orza, Foque, Eslora, Driza, Obenque, As de guía, Través ... Palabras que, extrañamente, apenas coñecemos ne...

Imposible?

Deporte, Cine, Música, Épica . O deporte é o derroche espontáneo de forza , polo tolo pracer de superar os límites Ortega y Gasset Para descubrir os límites do posible é preciso aventurarse un pouco máis alá, cara ao imposible Arthur C. Clarke Para os sedentos de máis saudable testosterona , clic ACÓ e ACÁ .

Surfeando a Poseidón (30 metros!)

Que son 30 metros de altura no mar  cando a un lle gusta o  surf ? Clic na foto!  

Tres carreiras, Tres historias

Que vai primeiro no deporte? Vencer ao contricante ou gañarse o seu respecto? Superar aos demais, ou superarte a ti mesmo? Competir ou ser persoa? Historia 1. Tes 17 anos. Campionato estatal. Saen 3.000 coma ti. A carreira é longa, pero veste con forzas. Sabes que non vas a gañar, pero esperas unha boa marca. Algo que te motive para seguir medrando. Botádesvos a correr. As sensacións non son boas. O tempo e os quilómetros pasan, e as contrincantes tamén. Vas quedándote soa. Non o entendes, pero as pernas non van. A cabeza empeza a dicirche cousas que non che gustan.  Non vales. Abandona. Que fas correndo aquí? De que serve chegar última? . .. Pero resistes. Por orgullo, por afán de superación, por non decepcionarte. Non te paras. Segues correndo. E por fin, entras no estadio. Aínda hai público. Hai que dar a última volta con dignidade. Por toda esta xente, diste a ti mesma. De súpeto, distingues a alguén na pista. Unha atleta. Non avanza. Fixas a mirada. Fáltanlle uns...

Aventura 2013

Todo o que vos desexo para este 2013 que empeza está aquí .  Amizade, Música, Viaxe, Aventura, Luz, Paisaxes novas, Mar, Emocións, Cultura...  Que este vídeo vos inspire para traballar e lograr eses obxectivos que fan que a vida teña sentido! 7 mozas, 1 furgoneta, 15 días e 4.300 kms para chegar á Costa da Morte.  Feliz Aventura!

O soño de Gabriel

Gabriel ten 11 anos. E non ten pés . Pero o que si ten é algo moito máis importante. Ilusión. Ganas. Loita. Superación. Obxectivos. Esforzo. Soños. E moita, moita vida. Para el, non hai obstáculos. Por iso, o mes pasado, a súa ilusión, talento e superación levárono a cumprir un soño gañado a pulso . E vaia soño. Quen dixo que "non se pode"? Non hai límites; os límites poñémolos nós. Máis sobre as habilidades e a historia de Gabriel, facendo clic  AQUÍ .

Samia... Atleta

Lembrades aquel xogo que tanto vos gustaba , o da Lotaría da Vida ...? Pois agora fixádevos nela. Porque esa rapaza tan nova da imaxe recórdanos que non é só un xogo. Fixádevos tan só un intre nos seus trazos, na súa expresión, na vida que late e sente nese corpo de verdade. Chámase Samia. Non está moi lonxe da vosa idade: 17 anos . E a pesar de ser tan nova, na fotografía está representando ao seu país nada menos que nos Xogos Olímpicos de Pekín, en 2008. A súa ilusión... Foto, S.F (Getty) Ese día Samia correu a proba dos 200 metros . Xa na mesma saída, a diferenza corporal coas rivais era brutal, pois todas eran un ameazante monte de músculos... Menos ela, que ao lado parecía unha nena.  Quedou atrás desde o mesmo inicio . Trinta e dous segundos tardou en chegar, dez máis que a gañadora: un mundo. Pero ese día, o público que enchía o estadio, apegouse á atleta somalí, acompañándoa na súa carreira cunha ovación de aplausos . Supoño que viron nela unha deportista realmen...

Felicidade a pedais

Ás veces un pregúntase que é o máis valioso na vida . Probablemente a resposta é o que nos fai sentir Ben. Ben non ten por que ser feliz. A felicidade é unha palabra que só aparece por momentos na vida. Se cadra, Ben quere dicir: sentirnos tranquilos, entendidos, útiles, importantes, acompañados, estimados, libres tamén. Como somos un ser social, precisamos de outros para lograr sentirnos así. Pero de cando en vez é posible alcanzar un pouco de felicidade por outras vías : están os libros, as películas, a música, os lugares que consideramos especiais, un bo paseo en bici e, por suposto, os animais que achegamos á nosa vida para acompañarnos mutuamente. A lealdade ten a cara dese can doce e alegre que, por moito tempo que botes fóra, nunca che fará nin o máis leve reproche. Cando logramos xuntar dúas destas cousas nun só momento, a dose de felicidade é dobremente intensa, duradeira e reparadora. Única. E se hai un can-atleta de por medio, intensa a rabear:  Esta cadela é...

O día que Maradona se vingou

En 1986 Maradona vingouse para toda a eternidade . Eran cuartos de final do mundial de fútbol, e o rival escocía que metía medo: Inglaterra. Partido de alta tensión . E é que só catro anos antes Arxentina e Reino Unido enfrontáranse nunha guerra polo control das Illas Malvinas ; ese arquipélago situado no Atlántico fronte a costas arxentinas, pero baixo dominio británico desde o século XIX, cando o imperio español en América se foi a tomar por saco.  Viámolo na clase a semana pasada : cómo os arxentinos, nin cortos nin perezosos, atacaron e invadiron ao bestia as illas; e como Reino Unido respondeu enviando ao lugar o máis granado da súa flota naval, para restablecer as cousas á situación anterior: Malvinas británicas ( Falklands, as chaman eles; nin o nome lles deixaron ) e aquí non pasou nada. Pero nestas que, catro anos despois, xógase o Mundial de Fútbol en México, e a sorte quere que ambos países se enfronten de novo, desta vez cun balón de por medio ...

O exemplo de Guardiola

O seu nome saiu na clase a semana pasada. Falando de política, empecei a tratar a figura do líder: alguén coa capacidade de lograr que a xente o siga.  Descartados os políticos, ¿ocórresevos alguén que poida ter a virtude de ser visto como un bo líder por unha gran maioría de españois?  Tres clases preguntadas, tres mesmas respostas: Guardiola. ¿Cales son os motivos? Persoalmente, admiro a Guardiola. Gústame o seu fútbol, a paixón sana coa que o vive, as ideas e a súa forma de comunicar. Nun mundo de odiosos fanatismos como o deste deporte, nel vexo a alguén cheo de cualidades. Racional pero emotivo , silencioso , intelixente , motivador , coherente , sereno , moi hábil na comunicación , sinxelo pero elegante , perseverante   ata a tozudez nas cousas importantes, Guardiola é un exemplo a todos os niveis. Un exemplo estudado xa en universidades de todo o mundo. O último libro que lin analiza polo miúdo os porqués do seu incontestable éxito profesional, sen ...

E se un día marco un gol... sairía voando!

Nunca vos tocou xogar nun equipo de fútbol deses que non marca nin ao arco iris? A min si . Foi de pequeno. E por iso este vídeo me abranda e me fai sorrir . Porque pese a perder un partido por 27-0, pese a non gañar nin unha soa vez, pese a pechar invariablemente a clasificación (sempre cos ollos postos nos puntos que leva o penúltimo... por se acaso) e pese a rematar a liga con 271 goles en contra e tan só 1 a favor , estes nenos aínda non coñecen a frustración, o estrés, o xogo sucio, a tristeza ou a depresión. Nin falta que lles fai. Así que resignados, silenciosos e profesionais ( "teño moito traballo" , recoñece o porteiro), nunca faltan á súa ilusionada cita coa derrota ( "e se un día o marco eu, estaría tan contento que sairía voando". Sorriso enorme). Porque saben, pese a todo, que loitando un día chegarán os froitos ( "xa marcarei goles cando sexa maior" ). Clic na imaxe para velos! Cando os ves só pode desexarlles que si, que cheg...

Bici extrema

Non sei a vós, pero a min a bici é unha das cousas que máis me gusta na vida .  É impagable o ruído das rodas ao pedalear sobre un camiño de terra, a sensación de ilimitada liberdade cando logras facer con ela un percorrido longuísimo, ou os ratos de infantil diversión que aparecen sempre cando pedaleas. Asegúrovos que cando paso tempo sen usala  sorrío con só subir á miña bici . Excepto, claro está, cando o camiño se pon moi costa arriba... Bueno, ou moi costa abaixo, como aquí. Entón xa non é so diversión ou reto, senón brutal e arriscado perigo. Agarrádevos aos frenos!