Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións : a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...
Paixón.
ResponderEliminarIso que che volca o corazón.
Iso que che provoca una sensación gratificante.
Iso que farías durante horas.
Iso que non pode faltar na túa vida.
Encantoume o video. Excelente.
Paixón...
Grazas, David!
ResponderEliminarPaixón, ganas, orixinalidade... Non hai máis que ver a imaxe. É un bo adianto da vida que hai dentro deses dez minutos de vídeo.