Saltar ao contido principal

Publicacións

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...
Publicacións recentes

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...

A fotografía que a Hitler (e a calquera manipulador) lle gustaría destruír

Vedes algo estraño nesta fotografía? Fixádevos ben: En ambientes extremos, os xestos máis admirables e heroicos son sempre os máis simples . Un deses xestos tivo lugar un 12 de xuño de 1936, na cidade alemana de Hamburgo. Um, a ver... Dixen Alemaña? 1936? Pois logo xa xabedes cal era o ambiente extremo do momento: o do auxe do partido nazi de Hitler. Agora só nos falta saber un detalle:  quen é ese que se ve no círculo , a persoa que se cruza de brazos con rostro serio, negándose a saudar o triunfo do nazismo? No círculo, en medio dun ambiente tomado polo extremismo e a ausencia de luces, un home valente e libre. Chamábase August Landmesser e gañaba a vida construíndo barcos nun estaleiro de Hamburgo. Por iso estaba alí. Porque aquela mañá botábase ao mar o buque de guerra no que todos eles estiveran meses traballando. Outro máis para a crecente flota que Hitler preparaba... Pero aquel día había un pequeno matiz: o führer  tamén estaba alí . É máis, estaba...

A mirada da tartaruga

Era xuño deste ano. Tres millas ao sur de Tenerife . O fotógrafo submariño Francis Pérez saíra á busca de baleas, pero ese día deparáballe unha experiencia tan dramática como fermosa, que non ía esquecer na vida. Unha experiencia que soubo captar nunha imaxe que é única . Por como nos retrata; polos premios que a recoñeceron e, sobre todo, pola intensidade desa mirada.  A que vedes é a fotografía do ano 2017 na sección de Natureza   segundo o prestixioso  World Press Photo . Pero baixo a máscara das vibrantes cores, a captura retrata o brutal impacto da actividade humana sobre a vida mariña. Unha agonía que sobrecolle e que, afortunadamente neste caso, rematou poucos minutos despois de tomar a imaxe. "Me impresionó ese primer plano de su cabeza. Esos ojos que parecían decir: Mira lo que me hicieron. Es un golpe al espectador. Y la liberamos para que no sufriera más" . Encántame esa man cálida e tenra que, tras liberala, a toca con suavidade , como pedíndol...

Carta a alumnos suspensos?

Sempre me gusta intentar sorprender na clase con algún recurso inesperado , para saír do rutinario, pararnos a pensar xuntos en voz alta, ou sacar algo de proveito a partir do que pasa aí fóra. Onte foi luns, volvíamos do parón de Nadal, e non quería comezar sen compartir con eles (con vós) algo que non sabía se viran durante eses días... e que me parecía importante poñerlles; ao fin e ao cabo, neste país de telecinco, non é nada de nada habitual que os profes poidan saír na tele falando de educación. Non me digades que aínda non visteis a película " Freedoms Writers "? A cousa está cambiando . Todo comezou hai uns meses, cando o mestre César Bona foi elixido como un dos 50 candidatos ao Global Teacher Prize , unha especie de Premio Nobel da Educación. A prensa fíxose eco enseguida e César comezou a ser chamado por todo tipo de medios . Por primeira vez en moito tempo, puiden ver a un profesor, e non a un político, falando de educación . E ademais dunha maneira ex...

De profesores, adolescentes e leis inhumanas

Ás veces, en conversas con persoas que non coñezo, tócame dicir que son profesor . Gústame moito, por curiosidade e porque teño algunhas ideas ao respecto, fixarme na reacción que iso produce nos demais. E podo asegurar que nunca, nunca, ninguén me respondeu cun: " Pois que sorte tes. Encantaríame poder traballar con adolescentes " .  Moi ao contrario, case sempre observo o mesmo tipo de reacción na persoa que teño diante. Soen mirarme de esguello durante un par de segundos, que é o que tardan en sopesar se deben ou non compartir comigo a súa opinión sobre o tema, para a continuación comentar, en tono entre compasivo e confidente: " Pois compadézote. Porque tal e como está hoxe a xuventude... " . Nunca calo ante este tipo de resposta, porque igual que me gusta tomar nota da reacción, tamén me gusta  contradicilos e facerlles ver que eu si me sinto afortunado e orgulloso de traballar con rapaces . Porque é un reto contínuo, porque esixen moito de min e porq...

Iguana vs. Serpes: correr para vivir

Vas saltar do asento coma un resorte . Prometido. Porque esta é a secuencia máis salvaxe, fermosa e real que probablemente se teña gravado na natureza. Unha carreira trepidante pola vida , na que ela é a heroica protagonista. Unha cría de iguana emerxe da area . Asoma a cabeza, observa e decídese a saír para buscar o resgardo das rochas. Pero cando xa está preto, detense en seco. Detecta o perigo. O lugar está infestado de serpes, e xa van a por ela. A iguana, cravada no chan, parece calcular tempos, distancias, posibilidades, mentres as culebras a asedian. Cada segundo que pasa hai menos saída. E de súpeto, pum ! A iguana sae disparada comezando unha tola carreira por sobrevivir, na que é imposible non levantarse do asento, non pensar Corre, iguana, corre , ou non sentirse parte desa pequena e valerosa criatura. Parte desa vida salvaxe na que ás veces esquecemos que vivimos. Non vira unha gravación tan viva e fermosa desde a mítica  El hombre y la tierra . As imaxes ...