Saltar ao contido principal

Petos de ánimas: o medo como arma

 Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás. Eso pon nalgúns coma este. Glups.

Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo.

Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche:
  • Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco.
  • As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena.
  • O PURGATORIO sería ese espazo de tempo no que as almas deben purgar (de aí o nome) os seus pecados, pagar por eles, liberarse totalmente... antes de poder descansar en paz eternamente. Ou sexa, o purgatorio é como ir a Setembro.
Para que as ánimas puideran saír do purgatorio (a Igrexa o preparou todo meticulosamente no Concilio de Trento, no XVI), animábase aos crentes a rezar e a pedir por elas. Pero ollo, tamén valía ofrecer misas e limosnas para lograr así salvar a esas almas que ben podían ser, por certo, as dos teus defuntos... ou o día de mañá a túa. E aí exactamente é onde entran os nosos petos de ánimas: pequenos monumentos estratexicamente colocados (para ser vistos), deseñados (para infundir temor) e promocionados (para facer caixa a conta deses medos).

E aí seguen. Afortunadamente. Sen caixa nin limosnas. Pero lembrándonos coa súa arte ruda e sinxela o efímero da vida e o inevitable da morte e, por suposto, lembrándonos cómo non hai tanto a Igrexa lograba ternos mansos, colaboradores e collidos polos colares. E por eso me gustan, aínda que non crea. Porque nos explican. 

Qué che parece?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Prehistoria en Campo Lameiro

O pasado xoves tivemos a sorte de estar en Campo Lameiro , camiñando entre petróglifos  cheos de cervos, labirintos e círculos milenarios . Facede clic na fotografía... e veredes! E agora que sabemos da Prehistoria ... a Historia deste día contarédela vós!  Acaso hai alguén mellor para facelo...? Pensa o que che sorprendeu, o que aprendeches, o que che gustou ou fará que recordes este día...  e escríbeo aquí para poder lembralo cando pasen os anos. 

Sempre teremos París...

3º B, uséase, "o meu terceiro" . Clase de Xeografía, un día calquera do pasado mes de marzo: -Por certo, ¿cando era que vos iades de excursión a París? -O día 23!!! -Vale. Unha pregunta: ¿Cantos de vós nunca enviastes por correo unha postal? -a metade da clase ergue a man-. Pois quero que me enviedes unha... Pero iso si: por favor! Que sexa orixinal! E aló foron. Chegaron, viron, venceron ... E cumpriron, vaia se cumpriron: É unha postal incriblemente fermosa (por ambas caras) , desas que gardarei coma un tesouro... (máis aló da miña teima coas vacas, ese animal grandullón e de mirada doce). A segunda non deixa lugar a dúbidas do fermoso destino da viaxe . Como diría Humphrey Bogart en Casablanca , Sempre teremos París... ¿Poñémoslle música? (clic AQUÍ ... Amèlie, por suposto!) ¿Nótase que me gustaron? Grazas!