Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións : a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...
Impresionante o vídeo, eu son adicto aos deportes extremos, son capaces de proporcionarte as mellores sensacións do mundo, aínda que tamén as peores, pero quen non arrisca..
ResponderEliminar... non se mata!
ResponderEliminarEstou moi de acordo.
Pero... engado unha opinión:
Deporte extremo si, pero extremando as precaucións.
Un día chamáronme para facer puenting aínda que non me atrevín... a min xa me parece deporte extremo velo pola tele...
Ás veces por moitas precaucións que tomes.. eu cando fago descenso sempre vou ben cuberto e aínda así non me librou ninguén dunhas cuantas fracturas.. Deberían de botar máis deste tipo de deportes pola televisión
ResponderEliminarTotalmente de acordo, Diego! Se un día gravas un dos teus descensos, avisa que o vemos.
ResponderEliminarEu tamén teño debilidade pola bici:
http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2011/07/bici-extrema.html