Mar (Xouba) e Marta (Bogart), son as flamantes gañadoras deste IX Concurso, do que se levan de premio, como non, dúas entradas cada unha para ir ao cine con quen lles apeteza, a ver o que queiran, cando lles pete . En butaca e con pantalla enorme. A idea era ver Cine e Historia todo nun. Bastaba con escoller unha peli dunha ampla listaxe de filmes da Historia de España, vela e, unha vez rematada, atreverse a escribir sobre ela unha crítica con alma . Un texto breve pero impactante, que fixese cóxegas, que retumbase no peito ou que espertase algo ao lelo. Como a delas : A LINGUA DAS BOLBORETAS, por Xouba A lingua das bolboretas, a espiritrompa, é longa. Longa, coma o primeiro día de clases cando tes dez anos e moitísimo medo a non encaixar co resto de compañeiros. Longa, coma as noites nas que non podes durmir porque o mundo ao teu arredor muda, e ti non eres quen de comprendelo aínda. Longa, coma a viaxe que Moncho, o protagonista desta película, fará. " A lingua das bolboretas
Un blog para compartir as clases e a vida