Saltar ao contido principal

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido: ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú. 

E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello. Un auténtico animal. Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma. Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver, fíxate ben.


Brueghel está retratando dúas formas opostas de entender o mundo. E para deixarcho claro, vai o tío e parte o cadro en dúas metades perfectas, cos personaxes de cada unha contrapostos, como se foran a enfrontarse nunha especie de xusta medieval (eses combates individuais entre cabaleiros), con lanza e todo. 

  • Así, á esquerda vemos a diversión, os vicios, os excesos (esas barrigas!) e a tolemia propios do Carnaval, que aparece representado como un home gordo sobre un bocoi de viño e rodeado de viandas de todo tipo, sostendo no alto unha vara cun porco ensartado e coa que apunta directamente á rival. Tamén se apreza xente abarrotando un bar e en xeral ambiente de despiporre. De fondo, se pos a orella un momento, case se pode escoitar o Booooooomba de King África.
  • En fronte, á dereita, como augando a festa, aparece a seriedade, a reflexión, a contención e piedade propias da Coresma, representada aquí como unha vella escuálida e con cara de poucos amigos, sostendo dous míseros peixes (todo o que vas comer, con sorte), sentada nunha cadeira de ir a misa e tirada nunha especie de carroza por un freire e unha monxa. Ao fondo, feligreses saíndo de misa, repartindo moedas e correndo pra casa. Xa podes imaxinar que se sonase música nesa comparsa non sería o Samba de Janeiro.

Pero, a ver, a ver (dirás ti). Onde estamos nós? Pois aí. Non o ves? Eses somos nós. Ou é que acaso non te sentes vivindo agora mesmo un pouco na dereita dese cadro? Non ves que poderías ser un dos que van detrás coa carraca, raca-raca-raca-raca, indo en aburrida procesión da misa pra casa e da casa pra misa (bueno, vale, ou para o instituto, ou o traballo, ou o supermercado, tanto ten; moito máis para onde ir non hai), cumprindo relixiosamente (qué remedio) cos mandatos de San Fernando Simón? É máis, non te decatas que mentres ves a outra metade, a da esquerda, moi no fondo de ti sentes unha saudade, unha morriña, un nonseiqué que che revolve o corpo pedindo festa, música, xente, bailoteo, sorrisos e abrazos sen máscara, distancias nin toques de queda?... Ah, agora si, non? Agora xa o ves.

Pois aí quería chegar eu. Igual resulta que ata marzo de 2020 vivíamos nun Entroido eterno e non o sabíamos. Igual resulta que desde marzo de 2020 caeu sobre nós o que vén tras o exceso, a Coresma: eses corent(en)a e seis días de abstinencia, recollemento, contención e penitencia, que alguén nos impón para lembranos. Para lembranos (porque se nos esquece) todo o que en realidade somos: unha parte mínima, ínfima e ridiculamente debilucha deste lugar inmenso e indomable que chamamos Terra. 

Comentarios

  1. Espectacular Miguel, que gran acerto na homoloxía, está claro que o cadro representa fielmente a sociedade actual, cambialle o "attrezzo" e somos todas nós, os extremos que claramente apreciamos cada día, xente despreocupada e viceversa. Noraboa por descubrirnos no cadro !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué ben, Luis. Alégrame que che gustase. Brueghel sempre é unha caixa de sorpresas. Aperta!

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d