Alucinado estou co que fan en Abaco Digital, unha innovadora empresa que, xurdida na Universidade de Zaragoza, dedícase a desenvolver aplicacións multimedia. Unha delas é a Fotografía Esférica, un sistema revolucionario grazas ao cal podemos ver un lugar da mesma maneira que se estivésemos nel. Nunha fotografía de insuperable calidade, con so mover o rato, podes velo todo arredor, arriba ou abaixo, igualiño que se estiveras alí mesmo movendo a cabeza. Esta tecnoloxía, unida á incrible beleza das paisaxes elixidas, regálannos imaxes absolutamente espectaculares e diferentes a todo o que teñades visto ata agora. Probamos? Facede clic AQUÍ, e despois en calquera das imaxes do índice que vos sae.
Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela. Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto . Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas. En 1947, ao construírse o Enco...




Boísimo!!!levo anos indo a Pirineos e encantoume ver estas fotos, por fin reflexan a beleza e espectacularidade das súas paisaxes!! Eu teño moitas fotos de alí, pero cando as ves daste conta de que non consegues captar todo o que quixeras, toda a paisaxe, toda a beleza, o impresionante da altura, de que vexas para onde vexas quedas coa boca aberta , téñoas de sitios preciosos, pero é impresionante estar alí e con esta fotografía esférica case é coma se estiveses.Moi boa idea!!
ResponderEliminarEstaría ben probala desde o niño das cegoñas da igrexa de Meira, ou desde Os Vaos, ou desde un barco no medio da ría. Sempre hai algún sitio no que un sente que "non lle abondan os ollos" para velo ben todo.
ResponderEliminar