Saltar ao contido principal

Fotografía Esférica: Espectáculo Puro
























Alucinado estou co que fan en Abaco Digital, unha innovadora empresa que, xurdida na Universidade de Zaragoza, dedícase a desenvolver aplicacións multimedia. Unha delas é a Fotografía Esférica, un sistema revolucionario grazas ao cal podemos ver un lugar da mesma maneira que se estivésemos nel. Nunha fotografía de insuperable calidade, con so mover o rato, podes velo todo arredor, arriba ou abaixo, igualiño que se estiveras alí mesmo movendo a cabeza. Esta tecnoloxía, unida á incrible beleza das paisaxes elixidas, regálannos imaxes absolutamente espectaculares e diferentes a todo o que teñades visto ata agora. Probamos? Facede clic AQUÍ, e despois en calquera das imaxes do índice que vos sae.







Comentarios

  1. Sandra15/10/11

    Boísimo!!!levo anos indo a Pirineos e encantoume ver estas fotos, por fin reflexan a beleza e espectacularidade das súas paisaxes!! Eu teño moitas fotos de alí, pero cando as ves daste conta de que non consegues captar todo o que quixeras, toda a paisaxe, toda a beleza, o impresionante da altura, de que vexas para onde vexas quedas coa boca aberta , téñoas de sitios preciosos, pero é impresionante estar alí e con esta fotografía esférica case é coma se estiveses.Moi boa idea!!

    ResponderEliminar
  2. Estaría ben probala desde o niño das cegoñas da igrexa de Meira, ou desde Os Vaos, ou desde un barco no medio da ría. Sempre hai algún sitio no que un sente que "non lle abondan os ollos" para velo ben todo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...