Saltar ao contido principal

O mellor corto español?

Preséntovos "La Guerra":
un corto impresionante, que vos vai deixar coas mans xeadas e a mirada perdida.

Clic na imaxe para velo!

"Una historia de guerra nunca es moral. 
No instruye, ni alienta la virtud, ni sugiere modelos de comportamiento, 
ni impide que los hombres hagan las cosas que siempre hicieron. 
Si una historia de guerra parece moral, no la creáis"

Tim O´Brien, en "Las cosas que llevaban"

Comentarios

  1. xeada...descolocada...coa mirada perdida...cunha bágoa apiques de caer...así me deixou o corto. Aínda non entendo porqué sempre é a xente de a pé, a xente traballadora, cunha familia, xente que lle da igual a política e que o único que quere é vivir e deixar vivir, ten que pagar as consecuencias de algo que non buscou coa súa propia vida, sen oportunidade de defenderse e loitar por ela. E ninguén fai nada por evitalo. Cousas coma esta son as que me poñen de mal humor. Pero si, gustoume o corto, si. Agora era preciso que fixesen un sobre cómo vive a guerra un político, un alto cargo do exército implicado nela ou simplemente un soldado que ten a vida dun inocente indefenso nas súas mans. Creo que son interesantes todos os puntos de vista dun acontecemento.

    ResponderEliminar
  2. Entendo esas sensacións, ELF.
    Pero non sei responder. Ás veces, parece unha cuestión de poder: eles teñen o PODER e PODEN elixir. Outras, parece cuestión de distancia: como eles non ven, eles non senten. E en ocasións, penso que o mundo é así: un enorme taboleiro de xadrez no que outros pretenden controlar a partida.
    Sobre eses outros cortos, quizá DeD poidan suxerirnos algúns títulos...

    ResponderEliminar
  3. Rebeca31/5/18

    Profe, deberías por este corto na clase porque a verdade é que quedeime abraiada ante isto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois anotado queda, Rebeca! Próximo día, na túa clase, veremos e pensaremos "La guerra". Grazas por lembrarmo, por pedirmo e, por suposto, por chegar ata aquí. ;)

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...