Saltar ao contido principal

El lector

Michael é un mozo de 15 anos que vive na Alemaña dividida. Un día, volvendo enfermo do colexio, párase na rúa (uns obreiros constrúen nela o Muro de Berlín) e séntase nuns soportais entre fortes dores. Hanna, unha muller que lle dobra a idade, aténdeo alí mesmo e lévao á súa propia casa. A pesar das diferenzas entre ambos e do seria e misteriosa que ela resulta, xorde entre eles un doce e secreto idilio que se sostén sobre unha pequena manía de Hanna: que el lea libros para ela. 

Clic sobre a imaxe para ver o tráiler
Vía
Ata que un día, ela desaparece. Oito anos despois, Michael, marcado pola súa perda, volve atopar a Hanna inesperadamente, nun lugar e nunha situación na que xamais podería tela imaxinado. Entón é cando se entende toda a beleza que había oculta naqueles pequenos xestos e manías que Hanna tiña. Entón é cando comprendes que hai historias que non só golpean o corazón, senón tamén a conciencia.

Vale por unha magnífica sesión de cine.
Das que ensinan a pensar, a entender, e a ver a vida (e a Historia) cos seus mil matices.
Non a deixedes pasar.

Comentarios

  1. Siento decir esto pero..Te lo dije! Es muy buena película, un reflejo de esa época y de lo que les ocurre a las personas que sienten miedo y no son capaces de tomar las riendas de su vida como deberían, al final acaban perdiendo, como Hanna. No te olvides de ver "La ladrona de libros" espero que te guste tanto como a mi ! Un saludo Miguel.

    ResponderEliminar
  2. Marta! Uf, esta vina no cine xa o mesmo ano no que saiu. Pero a raíz do que dicías sobre ela, sentín moitas ganas de retomala e gustoume tanto ou máis que daquela vez. Unha historia extraña, preciosa, de xiros inesperados, e dura tamén. Que, como ti dicías, fai cambiar a forma (en ocasións excesivamente simplista) que temos de ver as cousas.

    Teño "La ladrona de libros" anotada e en lista de espera, así que contareiche moi pronto! Un abrazo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...