Saltar ao contido principal

El lector

Michael é un mozo de 15 anos que vive na Alemaña dividida. Un día, volvendo enfermo do colexio, párase na rúa (uns obreiros constrúen nela o Muro de Berlín) e séntase nuns soportais entre fortes dores. Hanna, unha muller que lle dobra a idade, aténdeo alí mesmo e lévao á súa propia casa. A pesar das diferenzas entre ambos e do seria e misteriosa que ela resulta, xorde entre eles un doce e secreto idilio que se sostén sobre unha pequena manía de Hanna: que el lea libros para ela

Clic sobre a imaxe para ver o tráiler
Vía
Ata que un día, ela desaparece. Oito anos despois, Michael, marcado pola súa perda, volve atopar a Hanna inesperadamente, nun lugar e nunha situación na que xamais podería tela imaxinado. Entón é cando se entende toda a beleza que había oculta naqueles pequenos xestos e manías que Hanna tiña. Entón é cando comprendes que hai historias que non só golpean o corazón, senón tamén a conciencia.

Vale por unha magnífica sesión de cine.
Das que ensinan a pensar, a entender, e a ver a vida (e a Historia) cos seus mil matices.
Non a deixedes pasar.

Comentarios

  1. Siento decir esto pero..Te lo dije! Es muy buena película, un reflejo de esa época y de lo que les ocurre a las personas que sienten miedo y no son capaces de tomar las riendas de su vida como deberían, al final acaban perdiendo, como Hanna. No te olvides de ver "La ladrona de libros" espero que te guste tanto como a mi ! Un saludo Miguel.

    ResponderEliminar
  2. Marta! Uf, esta vina no cine xa o mesmo ano no que saiu. Pero a raíz do que dicías sobre ela, sentín moitas ganas de retomala e gustoume tanto ou máis que daquela vez. Unha historia extraña, preciosa, de xiros inesperados, e dura tamén. Que, como ti dicías, fai cambiar a forma (en ocasións excesivamente simplista) que temos de ver as cousas.

    Teño "La ladrona de libros" anotada e en lista de espera, así que contareiche moi pronto! Un abrazo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...