Que tesouros se poden atopar nas librarías de vello! Refírome a esas tendas que venden libros, postais, vinilos... sempre obxectos usados ou descatalogados. Tendas absolutamente diferentes, con esa aparencia de fallado cheo de recordos, e ese olor a libros manoseados e a vidas vividas. Coñezo un par delas en Vigo, e de vez en cando fago algunha incursión a ver que tesouro atopo por apenas catro moedas. Na última visita, polo módico prezo de 40 céntimos, atopei dous! Así que...
Hoxe tráiovos un reto. Preparados? :)
Son dúas postais de Galicia, dos anos 60 máis menos.
Recoñecedes os lugares retratados...?
Son moi coñecidos!
Postal 1: vaia cambio!
Postal 2: aquí hai que dicir 2 nomes!
Que? Tedes a resposta?
Polo pobo da primeira postal andivemos tua irmá e mais eu non fai moito. Moito cambiou! Non queda unha arbore!... e non fai tanto diso!
ResponderEliminarEse, ese mesmo! Pois si, pouco que ver con agora (eu non digo nada...).
ResponderEliminarLa primera...
ResponderEliminarSanxenxo??
Y la segunda... San Antón y San Simón?
La isla de Toralla fue la primera que me vino a la cabeza, pero no me parece!
Jejeje...
ResponderEliminarA primeira é Sanxenxo.
ResponderEliminarE a segunda... A illa de Arousa e A Toxa?
Lucía, craváchelo!! Premio!!!
ResponderEliminarAcertastes de pleno coa primeira: iso é SANXENXO!!
Vista do porto e a praia de Silgar. Vaia cambio! Aos que non coñezades moito Sanxenxo anímovos a que comparedes a imaxe da postal cunha vista de satélite en google maps.
Na segunda, en efecto, vense dúas illas. A que se ve primeiro é a ILLA DA TOXA, que daquela xa tiña ponte, pero estaba menos urbanizada. E a que se ve ao fondo, que é moito máis grande e moi plana, é a ILLA DE AROUSA! Que daquela, aínda non tiña ponte, pois construiuse despois, en 1985. A Illa ten 11 quilómetros de praias!! e é o concello máis novo de Galicia, pois independizouse do de Vilanova de Arousa en 1995.
Lucía, gárdoche o premio!!
Moitas grazas por seguirme o xogo! :D