27/09/13

Postais vellas... e Reto!

27/09/13

Que tesouros se poden atopar nas librarías de vello! Refírome a esas tendas que venden libros, postais, vinilos... sempre obxectos usados ou descatalogados.  Tendas absolutamente diferentes, con esa aparencia de fallado cheo de recordos, e ese olor a libros manoseados e a vidas vividas. Coñezo un par delas en Vigo, e de vez en cando fago algunha incursión a ver que tesouro atopo por apenas catro moedas. Na última visita, polo módico prezo de 40 céntimos, atopei dous! Así que...

Hoxe tráiovos un reto. Preparados? :)
Son dúas postais de Galicia, dos anos 60 máis menos.

Recoñecedes os lugares retratados...?
Son moi coñecidos!

Postal 1: vaia cambio!


Postal 2: aquí hai que dicir 2 nomes!






Que? Tedes a resposta?
Parécevos que fomos a mellor?

A min faime acordar desta outra postal.

Recibe os contidos no teu correo

6 comentarios

  1. Mónica Pérez, vía Facebook28/9/13

    Polo pobo da primeira postal andivemos tua irmá e mais eu non fai moito. Moito cambiou! Non queda unha arbore!... e non fai tanto diso!

    ResponderEliminar
  2. Ese, ese mesmo! Pois si, pouco que ver con agora (eu non digo nada...).

    ResponderEliminar
  3. Samantha29/9/13

    La primera...
    Sanxenxo??

    Y la segunda... San Antón y San Simón?

    La isla de Toralla fue la primera que me vino a la cabeza, pero no me parece!

    ResponderEliminar
  4. Lucía Pérez29/9/13

    A primeira é Sanxenxo.
    E a segunda... A illa de Arousa e A Toxa?

    ResponderEliminar
  5. Lucía, craváchelo!! Premio!!!

    Acertastes de pleno coa primeira: iso é SANXENXO!!
    Vista do porto e a praia de Silgar. Vaia cambio! Aos que non coñezades moito Sanxenxo anímovos a que comparedes a imaxe da postal cunha vista de satélite en google maps.

    Na segunda, en efecto, vense dúas illas. A que se ve primeiro é a ILLA DA TOXA, que daquela xa tiña ponte, pero estaba menos urbanizada. E a que se ve ao fondo, que é moito máis grande e moi plana, é a ILLA DE AROUSA! Que daquela, aínda non tiña ponte, pois construiuse despois, en 1985. A Illa ten 11 quilómetros de praias!! e é o concello máis novo de Galicia, pois independizouse do de Vilanova de Arousa en 1995.

    Lucía, gárdoche o premio!!
    Moitas grazas por seguirme o xogo! :D

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK