Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2013

Surfeando a Poseidón (30 metros!)

Que son 30 metros de altura no mar  cando a un lle gusta o  surf ? Clic na foto!  

American History X

Que farías se o teu propio irmán fose un neonazi? Derek é un fascista de hoxe . Un neonazi. Por educación e como resposta a un entorno marxinal e hostil. Un día, algo fai que Derek vexa ameazada a súa seguridade na súa propia casa. E ese dia, comete un erro visceral e atroz. Un erro que só pode verse en branco e negro. Un erro que o perseguirá toda a vida. Como esa esvástica que leva tatuada sobre o corazón, e que xamais poderá borrar da súa pel. É un dos carteis máis impactantes do cine dos últimos anos. E a película tamén. Porque hai mil pelis sobre Hitler e o perigo do nazismo. Pero esta... Esta é tan tensa, tan crible, tan natural, que pon os pelos de punta . Cun Edward Norton brutal, musculado, tatuado e caracterizado que dá medo... Un actorazo capaz de facer na mesma película que o temas, que o repugnes, que o comprendas, que o respectes, e que o queiras. Que se di pronto. Unha película que chega e non se esquece, que educa coma poucas, e despois da cal ning...

Tres carreiras, Tres historias

Que vai primeiro no deporte? Vencer ao contricante ou gañarse o seu respecto? Superar aos demais, ou superarte a ti mesmo? Competir ou ser persoa? Historia 1. Tes 17 anos. Campionato estatal. Saen 3.000 coma ti. A carreira é longa, pero veste con forzas. Sabes que non vas a gañar, pero esperas unha boa marca. Algo que te motive para seguir medrando. Botádesvos a correr. As sensacións non son boas. O tempo e os quilómetros pasan, e as contrincantes tamén. Vas quedándote soa. Non o entendes, pero as pernas non van. A cabeza empeza a dicirche cousas que non che gustan.  Non vales. Abandona. Que fas correndo aquí? De que serve chegar última? . .. Pero resistes. Por orgullo, por afán de superación, por non decepcionarte. Non te paras. Segues correndo. E por fin, entras no estadio. Aínda hai público. Hai que dar a última volta con dignidade. Por toda esta xente, diste a ti mesma. De súpeto, distingues a alguén na pista. Unha atleta. Non avanza. Fixas a mirada. Fáltanlle uns...

Audrey Hepburn: fermosa e eterna

Audrey era a Beleza , a elegancia natural, a espontaneidade... O triunfo do sinxelo sobre a ostentación.  Ela era así. Como a vedes nesta imaxe de Vacacións en Roma . Pero a súa vida, películas e premios aparte, foi do máis inagardada e interesante .  Europea, nacida en 1929 (como Ana Frank), tamén viviu a adolescencia ocultándose dos nazis , e tratando de sobrevivir á II Guerra Mundial na casa de seu avó, nos Países Baixos (como Ana Frank). Ambas tiñan 10 anos cando a guerra empezou, e 15 cando rematou. É certo que Audrey non era xudea, pero si de orixe inglés, e iso non era unha boa carta de presentación diante dos nazis. Por iso a súa nai, agoniada por protexela, chamábaa por un nome holandés e obrigábaa a falar nesa lingua. Porque debían pasar desapercibidos. A boa posición da súa familia materna permitu que Audrey aprendera ata seis idiomas: inglés, holandés, francés, italiano, algo de alemán e un pouco de español, e tamén que estudara piano e ballet clás...

É un paxaro? É un avión? É Jeb Corliss?

É paxaro, é avión e é Superman . Porque este deportista é capaz de voar coa única axuda dun traxe: o  wingsuit . E a min lémbrame a Batman que mete medo... Que como o fai? Pois como non leva motor, a cousa consiste en subirse a un helicóptero ou unha montaña, deixarse caer a plomo, e botarse a planear . Dependendo da ocasión, a aventura pode consistir tanto nun voo a 220 por hora entre dous cazas , como en atravesar unha catarata , como en partirse literalmente as pernas  contra unha rocha. Por algo lles chaman deportes extremos, non? Un dos voos máis grandiosos foi o de China, ante milleiros de espectadores. O obxectivo era descender a todo trapo e lograr pasar por un túnel natural no monte Tianmen. Vémolo?

La gran ola

Sé lo que veis aquí ... Y la respuesta es No ... Es   La Gran Ola , de Hokusai (1833). Uno de los grabados más famosos de la historia del arte. Pero si nos fijamos ... quizá la imaginación no os engañe. Quizá Sí ,   pueda ser también una respuesta. También esa Ola se desplaza furiosa, violenta y salvaje... También los remeros, pese a su esfuerzo, resultan minúsculos e indefensos frente a tanta agua junta. Incluso el monte Fuji, ese coloso a lo lejos, parece nada bajo las espesas garras del mar. También aquí hay una Ola que se expande, domina y envuelve antes de caer a plomo y arrasarlo todo. Furiosa, violenta y salvaje ... Clavada en todo a la otra Gran Ola.  La de la  película . Que no las olvidéis... Ni la del peligro. Ni la de la obra.

Amish

Debatindo sobre anarquía en 1º de Bac, Bryan mencionou os Amish . Explicounos a todos que era xente que vivía apartada, con costumes ríxidas e doutras épocas, e que de cando en vez vense en películas e ata en series como os Simpson. Non todos nos facíamos unha imaxe, así que parecía interesante tirar un pouco dese fío, que tamén coñecían Iván e outros, para descubrir un pouco máis.  E como unha imaxe vale máis que mil palabras : A maioría dos Amish viven en Norteamérica , a onde emigraron desde Europa no século XVII. Aquí as súas crenzas relixiosas incomodaban moito ás doutrinas maioritarias, así que non pararon ata que os botaron. Actualmente conservan aínda unha fala que é dialecto do alemán e son moi coñecidos polo seu estilo de vida sinxela, humilde e autosuficiente. A súa relixión obrígaos a vivir illados do resto da xente e imponlles normas moi estritas acerca incluso da roupa e o aspecto persoal, para manter así as súas tradicións. Como rexeitan a modernidade, no...

De óxido y hueso

Esta non é a historia que agardas. El boxea coma un animal en pelexas ilegais, ata que un día se atopa só cun neno de 5 anos. Ela é unha domadora de orcas, ata que nunha tarde de espectáculo sucede o que ninguén esperaba. Que pasa cando a vida se fractura coma un cacho de ferro ou coma o óso dunha perna? Nada de romance feliz. Esta é unha peli dura e con alma. Que te colle e te zarandea de forma tráxica. Que golpea para despois ensinar a vivir con límites e no límite.  Chea de escenas que impactan polo seu realismo e a súa crueza, e que permanecen moitos días na memoria. Se cadra porque todo nela parece de verdade. Coma sempre, podedes ver o trailer facendo clic no cartel da película.

El indomable Will Hunting

Will posuía un don: tiña unha intelixencia apabullante . Pero tamén un montón de medos e condicionantes que non o deixaban medrar, como unha infancia turbia, a vida que levaba no barrio, ou algúns problemas coa lei. En realidade,   Will era un macarrilla .  Ata que, tras resolver varios problemas matemáticos mentres limpa nun edificio universitario, alguén dalle a oportunidade de reconducir a súa vida. Entón  Will, tan brillante como faltón, tan duro como cagado de medo, terá que empezar a elixir entre a súa vida de sempre (traballos fáciles, amigos, copas, broncas) ou as enormes e descoñecidas posibilidades que o seu talento lle ofrece.  Hai moitos momentos brillantes nesta película... AQUÍ , comparto o que máis me gusta : Will, en plan desafiante, coa única persoa que saberá axudarlle: un peculiar profesor e terapeuta. Ou como diría el, cun " puto comecocos ". Quizais só un xenio pode facer pensar e sentir a outro xenio. Se tedes tempo e ganas, atopar...

Aventura 2013

Todo o que vos desexo para este 2013 que empeza está aquí .  Amizade, Música, Viaxe, Aventura, Luz, Paisaxes novas, Mar, Emocións, Cultura...  Que este vídeo vos inspire para traballar e lograr eses obxectivos que fan que a vida teña sentido! 7 mozas, 1 furgoneta, 15 días e 4.300 kms para chegar á Costa da Morte.  Feliz Aventura!