Esta non é a historia que agardas.
El boxea coma un animal en pelexas ilegais, ata que un día se atopa só cun neno de 5 anos.
El boxea coma un animal en pelexas ilegais, ata que un día se atopa só cun neno de 5 anos.
Ela é unha domadora de orcas, ata que nunha tarde de espectáculo sucede o que ninguén esperaba.
Que pasa cando a vida se fractura coma un cacho de ferro ou coma o óso dunha perna?
Que pasa cando a vida se fractura coma un cacho de ferro ou coma o óso dunha perna?
Nada de romance feliz. Esta é unha peli dura e con alma. Que te colle e te zarandea de forma tráxica. Que golpea para despois ensinar a vivir con límites e no límite. Chea de escenas que impactan polo seu realismo e a súa crueza, e que permanecen moitos días na memoria. Se cadra porque todo nela parece de verdade. Coma sempre, podedes ver o trailer facendo clic no cartel da película.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!