É paxaro, é avión e é Superman. Porque este deportista é capaz de voar coa única axuda dun traxe: o wingsuit. E a min lémbrame a Batman que mete medo... Que como o fai? Pois como non leva motor, a cousa consiste en subirse a un helicóptero ou unha montaña, deixarse caer a plomo, e botarse a planear. Dependendo da ocasión, a aventura pode consistir tanto nun voo a 220 por hora entre dous cazas, como en atravesar unha catarata, como en partirse literalmente as pernas contra unha rocha. Por algo lles chaman deportes extremos, non?
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Que lle pasa pola cabeza a unha persoa para facer estas tolerías... isto é o que pasa pola miña cabeza ó ver estas imaxes..pero tamén penso..buf, incrible! e que precisión para pasar polo buraco das rochas e aterrizar nun sitio en concreto coma o fai...
ResponderEliminarToda innovación precisa dalguén un pouco tolo. Alguén coa imaxinación e a ousadía suficientes como para atreverse co diferente.
ResponderEliminarLeonardo da Vinci tamén era un destes marabillosos tolos... Pregúntome que diría se puidese ver voar así a este home.