Falta un día para a Selectividade. E aínda que este curso non me tocou dar clases en 2º de BAC, si teño algúns exalumnos para os que quero desexar moito ánimo e a mellor das sortes. Así que, igual que fixemos en Caronte hai xusto un ano, é hora dunha boa carga de enerxía extra.
É o momento desa canción-himno que, optimista e vitamínica, cumpra profesionalmente co seu cometido: empurrarvos a todo trapo cara ese lugar que soñades para vós, onde queira que estea. A elección deste curso (como non) recae no mellor dos líderes posibles. A el vos encomendo. Que o Boss vos guíe!!
"Temos que saír mentres somos novos. Porque os vagabundos coma nós, nacimos para correr"
Selectivistas: Correde moito, e a por todas!
Con esto xa non fai falta moito máis para aprobar. Vamos!
ResponderEliminarClaro que si.
ResponderEliminarNon hai dor, non hai dor!
Dentro de so 3 días, xa liberados, pasaredes a "Dancing in the dark"!
Que ganas de berrar, que experiencia!
ResponderEliminarEsto é vida deus...esto é vida!
A tensión, os nervos, as risas, as alegrías, as penas, os desenganos, e a liberación... toda unha vida de sensacións concentradas en tres días!
Claro que si, Marcela! É unha experiencia, é un rito de paso, é un reto, é unha porta aberta á vida.
ResponderEliminarFeliz rito de paso!
E agora, merecidamente...
A noite é vosa!!
http://www.youtube.com/watch?v=129kuDCQtHs