05/06/12

Momentos Selectivos II (para vitaminarse)

05/06/12

Falta un día para a Selectividade. E aínda que este curso non me tocou dar clases en 2º de BAC, si teño algúns exalumnos para os que quero desexar moito ánimo e a mellor das sortes. Así que, igual que fixemos en Caronte hai xusto un ano, é hora dunha boa carga de enerxía extra. 

É o momento desa canción-himno que, optimista e vitamínica, cumpra profesionalmente co seu cometido: empurrarvos a todo trapo cara ese lugar que soñades para vós, onde queira que estea. A elección deste curso (como non) recae no mellor dos líderes posibles. A el vos encomendo. Que o Boss vos guíe!!  

"Temos que saír mentres somos novos.  Porque os vagabundos coma nós, nacimos para correr"


Selectivistas: Correde moito, e a por todas!

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Lucía García Jartín5/6/12

    Con esto xa non fai falta moito máis para aprobar. Vamos!

    ResponderEliminar
  2. Claro que si.
    Non hai dor, non hai dor!

    Dentro de so 3 días, xa liberados, pasaredes a "Dancing in the dark"!

    ResponderEliminar
  3. Marcela8/6/12

    Que ganas de berrar, que experiencia!
    Esto é vida deus...esto é vida!
    A tensión, os nervos, as risas, as alegrías, as penas, os desenganos, e a liberación... toda unha vida de sensacións concentradas en tres días!

    ResponderEliminar
  4. Claro que si, Marcela! É unha experiencia, é un rito de paso, é un reto, é unha porta aberta á vida.

    Feliz rito de paso!
    E agora, merecidamente...
    A noite é vosa!!

    http://www.youtube.com/watch?v=129kuDCQtHs

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK