29/02/12

¿Spanish Dollars? ($)

29/02/12

¿Nunca vos preguntastes por que o símbolo do dólar é unha S con dous paus?
¿Que...? ¿Unha pista?


















Anverso: hai un ano, 1796. E unha lenda que di: CAROLUS·IIII·DEI GRATIA (Carlos Cuarto pola gracia de Deus... ou  como diría a vosa abuela, Dios mediante). No medio, o careto do tal Carolus, que non me diredes que non ten un aire ao do noso rei de hoxe... Xa pode: eran da mesma familia, Borbón.

Reverso: HISPAN·ET·IND·REX·M·8R·F·M. É dicir: Rei de España e as Indias, México, 8 reais (a F e M identifican a ceca ou lugar onde se fabricou a moeda). E no medio, ben grande, o escudo de España, con esas dúas columnas aos lados, que aínda permanecen no escudo actual.

Preséntovos á nosa pista: o Real de a 8600.000 coma estas acaban de aterrar en España despois dunha longa batalla xudicial que xa coñecedes. Era unha moeda de prata que valía 8 reais. Española. Pero a súa pureza e calidade eran tales que acabou sendo a primeira divisa mundial: é dicir a moeda máis utilizada e estimada para o comercio, tanto en Europa, como en América, como no sureste asiático (onde España tiña as illas Filipinas). Precisamente en Europa, esta moeda recordaba moito a unha austriaca: o thaller, polo que empezou a chamárselle Spanish Thaller. De Thaller, coa pronunciación inglesa, pasouse a daller, e ao final acabou en dollar. Era o Spanish Dollar, e ata as 13 colonias inglesas de Norteamérica (esas que se rebelaron para pasar a chamarse EE.UU.) a empregaban. Tanto é así que o Spanish Dollar foi a primeira moeda de curso legal dos Estados Unidos.  ¿Sorprende? Daquela, para abreviar, os iankis crearon o símbolo que hoxe nos sae a todos polas orellas: $. Unha S, de Spanish (español). E dous paus, tomados das dúas columnas do escudo de  España, as mesmas que figuraban no reverso de todos os Spanish Dollars do mundo. Dos nosos Reais de a 8. Como o da foto. Como esas que pretendían birlar os cacos modernos de Odissey. 

Quizá agora vos preguntedes qué pintan dúas columnas no escudo de España... Son as columnas de Hércules, e representan o estreito de Xibraltar. Así o coñecían os navegantes da Antigüidade (fenicios, gregos e romanos), que vían nel a fin do mundo coñecido, o lugar do que non conviña pasar, e que se identificaba cunha enorme rocha a cada lado separando Europa e África. Séculos despois, ao pouco de chegar Colón a América, o rei de España Carlos I incorporou estas columnas ao seu escudo, co lema Plus Ultra (máis alá). Iso era España entón: a única nación capaz de desafiar a vella fronteira e ir máis alá do antigo límite dos navegantes. E aínda hoxe, o exército, o goberno, as oenegués ou os deportistas (Nadal, Gasol, Lorenzo, Casillas,...) levan consigo e polo mundo esas columnas e ese Plus Ultra, como símbolo peculiar do que somos, e do que un día fomos.

Recibe os contidos no teu correo

6 comentarios

  1. Sandra29/2/12

    Curioso!! manda truco! nunca te deitarás sen saber unha cousa máis!! penso que moi pouca xente sabe que a "S" do dólar ten este significado!

    ResponderEliminar
  2. Vin a entrada e xa me emocionei!
    Esta é unha desas curiosidades que desde que a descubrín conto a todo aquel disposto a aguantar peroratas dunha historiadora.
    Só teño que decir unha cousa ao respecto. Según eu estudiei (véase apuntes do señor Lopo)a S do símbolo viría dada pola cinta que envolve as columnas e que leva gravado o Plus Ultra. Pero bueno, supoño que este será un tema no que tampouco se pode decir con claridade a orixe exacta.

    :)

    ResponderEliminar
  3. A que mola!?

    Desde logo, aceptamos (calquera di que non) a teoría do señor Lopo (profesor de Historia Moderna na Universidade de Santiago), xa que (por se fora pouco) é tamén a de moitos. En todo caso, a orixe seguiría sendo igual de bonita e de española.

    Outra curiosidade: hai quen di que o símbolo do dólar podería vir de superpoñer as letras PTSI, que eran as que figuraban no reverso dos Reais de a 8 fabricados, non en Mexico, senón na ceca peruana de Potosí... Riquísima localidade coa que eu comparo os vosos comentarios na entradiña previa:
    "Que o blog estea vivo depende de ti, así que o teu comentario vale un Potosí".

    Por certo: non estaría mal tampouco explicar a historia dos anos bisestos, non? Non era mal día...

    ResponderEliminar
  4. Anda, mira por onde sale a mina de Potosí aquí tamén!

    O dos anos bisestos... a orixe da palabra é o que a min me encanta, e que, teño que reconocelo, teño un pouco de filóloga frustrada.

    ResponderEliminar
  5. Bisesto... Ben pensado, si que sona ben! (¿dúas sestas?)

    Bueno, C. Pois imos ter que facer unha entrada coa parte histórica e a parte etimolóxica do palabro. Agora ben, desta última, delego!

    ResponderEliminar
  6. Ui, case, non son dúas sestas pero se pensamos que é un día máis para botar a sesta podería ser :D
    Bisesto, de dúas veces sexto... é agora viría aquí a larga explicación do calendario romano, ahí lo dejo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK