Marabillosa. Entrañable. Emotiva. Necesaria.
Primeiro en cómic, e agora adaptado a película, "Arrugas" é unha pequena obra de arte sobre a vellez, o paso do tempo e esa erosión abrasiva da memoria que chamamos alzheimer... Un pedaciño de chocolate que nos permite ver, coñecer e entender mellor como é a vida para os avós, e para nós mesmos chegados a esa idade... Para min, algo así como as sensacións que vós rescatastes no inesquecible Vellos con Historia. Quizá non todos entendan este tipo de tesouro... Pero estou seguro de que vós, si. Se podedes, ide ao cine a vela. Non a esqueceredes facilmente.
Dedicado aos anciáns de hoxe. Dedicado aos anciáns de mañá...
Facendo clic aquí ou no cartel da película, podedes ver o trailer.
Certo Miguel, é unha peli que ninguén debería perderse, moi necesaria.Grande o cómic e grande a película!!Encantoume, debería haber máis películas así.Moi emocionante.Eu tamén a recomendo!!!!
ResponderEliminar"La vejez es una broma pesada"
ResponderEliminar"Los viejos nos conformamos con tan poco..."
"Cambiar el mundo es algo muy serio como para dejárselo a los jóvenes"...
Son frases de Arrugas. Pero creo que o que máis me gusta desta película son os silencios. Quizá porque penso que a vellez está cheo deles. Como diría Alfredo en "Cinema Paradiso": "tarde o temprano llega un momento en que hablar o estar callado es algo parecido".
Se teño que escoller un momento de entrañable sorriso, quédome coa historia de Dolores e Modesto. Esa que explica por qué motivo un instante vivido na xuventude é capaz de agarrarse á memoria e non soltarse nin sequera soplando forte o furacán Alzheimer:
-¿Dolores, qué le dice a Modesto para que sonría?
-Oh, nada. Le digo tramposo. (...)
Se podo heina de ver. Se che gustan os silencios no cine hai unha peli que está en cartelera e que foi do mellor que vin ultimamente en podiamos chamarlle cine comercial. É Drive, unha peli que persoalmente me deixou marabillado, claro que ao mellor xa a viches, jeje porque leva 1 mes en cartel. Deixoche unha critica pa que te fagas unha idea. http://www.trailersyestrenos.es/2011/12/critica-drive-oscura-sensible-y-brutal.html
ResponderEliminarNon te arrepentirás!
Ola Javier! Vin "Drive" ao pouco de saír. Non é o tipo de peli que máis me gusta e incluso parecía algo moi típico, pero ao vela sorprendeume moito e para ben. Como ti dis, está feita de silencios. E, como apunta a túa crítica, logra ser sensible e brutal a un tempo.
ResponderEliminarA min tamén me encantou primeiro o cómic e logo a peli é moi emocionante volvería a vela sen dubidar un segundo. ¡Moi entrañable! Para min que son moi sensible con temas da vellez (entre outros), un pouco triste no comezo, son da opinión que debemos coidar dos nosos maiores porque eles son os primeiros que o deixan todo por nós, tamén entendo que as veces non hai mais remedio, sobre todo no caso dunha doenza que non nos podamos facer cargo. ¡Ide a vela!
ResponderEliminar