03/08/11

E se un día marco un gol... sairía voando!

03/08/11

Nunca vos tocou xogar nun equipo de fútbol deses que non marca nin ao arco iris? A min si. Foi de pequeno. E por iso este vídeo me abranda e me fai sorrir. Porque pese a perder un partido por 27-0, pese a non gañar nin unha soa vez, pese a pechar invariablemente a clasificación (sempre cos ollos postos nos puntos que leva o penúltimo... por se acaso) e pese a rematar a liga con 271 goles en contra e tan só 1 a favor, estes nenos aínda non coñecen a frustración, o estrés, o xogo sucio, a tristeza ou a depresión. Nin falta que lles fai. Así que resignados, silenciosos e profesionais ("teño moito traballo", recoñece o porteiro), nunca faltan á súa ilusionada cita coa derrota ("e se un día o marco eu, estaría tan contento que sairía voando". Sorriso enorme). Porque saben, pese a todo, que loitando un día chegarán os froitos ("xa marcarei goles cando sexa maior").

Clic na imaxe para velos!

Cando os ves só pode desexarlles que si, que cheguen, que nunca paren de correr e que marquen moitos goles á vida. Porque, imaxinades acaso como puido ser a celebración dese único gol da temporada? 

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. suso martinez3/8/11

    esta historia recordame ó meu equipo o ano pasado cando en burela perderamos 9-1 e ao rematar o partido todos cantando e saltando como se ganaramos foi divertidísmimo jeje

    ResponderEliminar
  2. Jajaja. E seguro que nunca a olvidades, Suso! Non poderedes dicir o mesmo de moitas victorias. Ao final, non só importa o resultado, senón máis ben como o vivimos, ou como chegamos a el.
    Por certo, 9-1 tampouco está nada mal.

    ResponderEliminar
  3. Sandra4/8/11

    Canto teñen que aprender destes nenos moitos futbolistas e moitos adultos! unha lección en toda regla! BRAVO POR ELES!Para min xa son gañadores!

    ResponderEliminar
  4. Jeanette16/9/11

    Este video e maravilloso, e os nenos, increíbles!
    canto nos aprenden...

    ResponderEliminar
  5. Daría algo por poder estar alí, no mesmo campo, o día en que lograron marcar ese único gol da temporada... A celebración tivo que ser o cume da alegría.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK