Nunca vos tocou xogar nun equipo de fútbol deses que non marca nin ao arco iris? A min si. Foi de pequeno. E por iso este vídeo me abranda e me fai sorrir. Porque pese a perder un partido por 27-0, pese a non gañar nin unha soa vez, pese a pechar invariablemente a clasificación (sempre cos ollos postos nos puntos que leva o penúltimo... por se acaso) e pese a rematar a liga con 271 goles en contra e tan só 1 a favor, estes nenos aínda non coñecen a frustración, o estrés, o xogo sucio, a tristeza ou a depresión. Nin falta que lles fai. Así que resignados, silenciosos e profesionais ("teño moito traballo", recoñece o porteiro), nunca faltan á súa ilusionada cita coa derrota ("e se un día o marco eu, estaría tan contento que sairía voando". Sorriso enorme). Porque saben, pese a todo, que loitando un día chegarán os froitos ("xa marcarei goles cando sexa maior").
Clic na imaxe para velos!
esta historia recordame ó meu equipo o ano pasado cando en burela perderamos 9-1 e ao rematar o partido todos cantando e saltando como se ganaramos foi divertidísmimo jeje
ResponderEliminarJajaja. E seguro que nunca a olvidades, Suso! Non poderedes dicir o mesmo de moitas victorias. Ao final, non só importa o resultado, senón máis ben como o vivimos, ou como chegamos a el.
ResponderEliminarPor certo, 9-1 tampouco está nada mal.
Canto teñen que aprender destes nenos moitos futbolistas e moitos adultos! unha lección en toda regla! BRAVO POR ELES!Para min xa son gañadores!
ResponderEliminarEste video e maravilloso, e os nenos, increíbles!
ResponderEliminarcanto nos aprenden...
Daría algo por poder estar alí, no mesmo campo, o día en que lograron marcar ese único gol da temporada... A celebración tivo que ser o cume da alegría.
ResponderEliminar