Desde o pasado domingo, as simpáticas revolucións populares convocadas desde o Facebook xa non están en Exipto, Túnez ou Libia. Agora están en España. Son cidadáns de todas as idades e condicións, que non rexeitan vivir cunhas normas, pero si calarse ante aquelas que lle dan as costas. Están cansos, decepcionados e fartos. Están indignados. Pero son intelixentes, saben o que queren, e queren facelo ben: pacíficos, organizados e insistentes. Que piden? Unha democracia do século XXI. Un cambio profundo no actual sistema político, económico e social do país.
Isto pasaba este luns en Radio Nacional de España, cando politicos dos dous principais partidos do país, ironizaban sobre os manifestantes con bromas imposibles. Alguén chamou, e cantoulles as corenta:
Como estudar só nun encerado a Revolución das Trece Colonias, a Revolución Francesa, ou as revolucións liberais do século XIX, cando algo como o que a Historia nos ensina sucede aquí e agora, e por causas que nos afectan a todos? Hoxe non podía falar de cine, de novela, ou de viaxes... Isto son persoas, isto é política, isto é vida, isto é Historia.
O movemento "Democracia Real Ya", que aglutina as protestas, acaba de facer pública unha lista de propostas para lograr os cambios que demandan. Os puntos principais versan sobre a eliminación dos privilexios da clase política, o control dos bancos, unha democracia máis participativa,...
ResponderEliminarNon son moi optimista nisto, pero non podo evitar sorrir ao imaxinar aos poderosos revolvéndose incómodos nos seus asentos.
A proposta está colgada na súa web:
http://democraciarealya.es/?page_id=234
bravo bravo e bravo!!! ogallá se consiga todo polo que está loitando esta xente nas rúas.
ResponderEliminarInteresante, unha vez mais o pobo cansado da situacion decide tomar a iniciativa. Cambiará a historia de Espana? Pasaranos como en Islandia?
ResponderEliminarA revolucion pacifica de Islandia (breve resumo en porunmundojusto.blogspot.com/2011/03/islandia-revolucion-silenciosa-pero.html ) nn foi moi soada. Como diria Mourinho, Por que? aqui si que hai resposta, pois porque os medios de comunicacion unha vez mais, comunican o que lles interesa. Quizais se tuvese medo de que nós fixesemos o mesmo que o pobo islandes. Agora pode ser o momento, xa que esta proposta cada vez ten mais adeptos. O pobo comeza a utilizar as armas e a cargalas coa municion mais poderosa: a palabra.
Na web mencionada por Denís, e pola que vos recomendo pasar:
ResponderEliminar"Esta es la breve historia de la Revolución Islandesa: dimisión de todo un gobierno en bloque, nacionalización de la banca, referéndum para que el pueblo decida sobre las decisiones económicas trascendentales, encarcelación de responsables de la crisis y reescritura de la constitución por los ciudadanos."
A min as votacións para a presidencia neste país resúltanme estúpidas. Xa sexa o "PP", "PSOE", "CIUDADANOS" OU "PODEMOS", todos minten, todos estafan, todos prometen cambios tódolos días de cada semana de cada mes de cada ano para cada votación. Ademais de que o sistema de votación paréceme mal planificado e que está a favor do partido que se atope no poder. As papeletas en branco non son porque a un lle de igual quen goberne, se non que todos son horribles para ocuparse de cargo.
ResponderEliminarA mellor opción para estas papeletas sería descartalas, nin para ti nin para min. En cambio, para manter o poder, contan a favor do partido ao mando.
Na miña opinión este sistema político debería cambiar para estar máis preto da España futura que todos queremos ter.