18/05/11

Que está pasando?

18/05/11

Desde o pasado domingo, as simpáticas revolucións populares convocadas desde o Facebook xa non están en Exipto, Túnez ou Libia. Agora están en España. Son cidadáns de todas as idades e condicións, que non rexeitan vivir cunhas normas, pero si calarse ante aquelas que lle dan as costas. Están cansos, decepcionados e fartos. Están indignados. Pero son intelixentes, saben o que queren, e queren facelo ben: pacíficos, organizados e insistentes. Que piden? Unha democracia do século XXI. Un cambio profundo no actual sistema político, económico e social do país. 

Isto pasaba este luns en Radio Nacional de España, cando politicos dos dous principais partidos do país, ironizaban sobre os manifestantes con bromas imposibles. Alguén chamou, e cantoulles as corenta:


Como estudar só nun encerado a Revolución das Trece Colonias, a Revolución Francesa, ou as revolucións liberais do século XIX, cando algo como o que a Historia nos ensina sucede aquí e agora, e por causas que nos afectan a todos? Hoxe non podía falar de cine, de novela, ou de viaxes... Isto son persoas, isto é política, isto é vida, isto é Historia.

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. O movemento "Democracia Real Ya", que aglutina as protestas, acaba de facer pública unha lista de propostas para lograr os cambios que demandan. Os puntos principais versan sobre a eliminación dos privilexios da clase política, o control dos bancos, unha democracia máis participativa,...
    Non son moi optimista nisto, pero non podo evitar sorrir ao imaxinar aos poderosos revolvéndose incómodos nos seus asentos.
    A proposta está colgada na súa web:
    http://democraciarealya.es/?page_id=234

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20/5/11

    bravo bravo e bravo!!! ogallá se consiga todo polo que está loitando esta xente nas rúas.

    ResponderEliminar
  3. Interesante, unha vez mais o pobo cansado da situacion decide tomar a iniciativa. Cambiará a historia de Espana? Pasaranos como en Islandia?

    A revolucion pacifica de Islandia (breve resumo en porunmundojusto.blogspot.com/2011/03/islandia-revolucion-silenciosa-pero.html ) nn foi moi soada. Como diria Mourinho, Por que? aqui si que hai resposta, pois porque os medios de comunicacion unha vez mais, comunican o que lles interesa. Quizais se tuvese medo de que nós fixesemos o mesmo que o pobo islandes. Agora pode ser o momento, xa que esta proposta cada vez ten mais adeptos. O pobo comeza a utilizar as armas e a cargalas coa municion mais poderosa: a palabra.

    ResponderEliminar
  4. Na web mencionada por Denís, e pola que vos recomendo pasar:
    "Esta es la breve historia de la Revolución Islandesa: dimisión de todo un gobierno en bloque, nacionalización de la banca, referéndum para que el pueblo decida sobre las decisiones económicas trascendentales, encarcelación de responsables de la crisis y reescritura de la constitución por los ciudadanos."

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK