Saltar ao contido principal

Gañadores do 8ª Concurso CineHistoria!

Como dicía Julio Cortázar: "todo debe ser un poco insólito en este mundo, porque lo contrario de lo insólito es lo común, o sea una lata".

Posiblemente este 2019-20 foi o curso máis raro da túa Historia... e da miña! Motivo de máis para facer cousas insólitas. Por iso, en plena pandemia e con todo en suspenso, incluso Eurovisión, lanceime (lanzámonos) a facer a entrega de premios máis ambiciosa e tola da miña vida: a través dun Directo de Instagram, en aberto, con todos (profe e alumnado) vestidos de gala para a ocasión, e emulando a adictiva dinámica de Eurovisión. Con conexións cos membros do xurado, táboa de puntuacións con clasificación e entrega de premios aos 3 autores gañadores en rigoroso directo. E todo cun móbil e unha conexión a internet. Pero con moitas moitas ganas e ilusión.

Unha tolemia total que nos fixo sorrir, esquecer por unhas horas a pandemia e sentir que estabamos nun sábado noite normal, celebrando un concurso educativo como se fora case unha festa. E creo que, en efecto, o foi. Seino porque sorrío moito cada vez que vexo as imaxes do vídeo-resume da gala (clica no subliñado!).

Gustaríame que non esquezades este día. Non só pola festa e o ruído, sano e pegadizo, que fomos capaces de montar en torno a un concurso educativo da clase de Historia. Senón tamén polos valores que demostrasteis ter para que esto pasase de ocurrencia a realidade: a amizade, o compromiso, o afán de superación, a colaboración... E sobre todo o valor de atreverse a facelo diferente. E porque, non o olvidedes, o cine, como a vida, serve para recordarnos que sempre, sempre, Somos Historia. ;)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Gañadoras IX Concurso CineHistoria 2022

Mar (Xouba) e Marta (Bogart), son as flamantes gañadoras deste IX Concurso,  do que se levan de premio, como non, dúas entradas cada unha para ir ao cine con quen lles apeteza, a ver o que queiran, cando lles pete .  En butaca e con pantalla enorme. A idea era ver Cine e Historia todo nun. Bastaba con escoller unha peli dunha ampla listaxe de filmes da Historia de España, vela e, unha vez rematada, atreverse a escribir sobre ela unha crítica con alma . Un texto breve pero impactante, que fixese cóxegas, que retumbase no peito ou que espertase algo ao lelo.  Como a delas : A LINGUA DAS BOLBORETAS, por Xouba A lingua das bolboretas, a espiritrompa, é longa. Longa, coma o primeiro día de clases cando tes dez anos e moitísimo medo a non encaixar co resto de compañeiros. Longa, coma as noites nas que non podes durmir porque o mundo ao teu arredor muda, e ti non eres quen de comprendelo aínda. Longa, coma a viaxe que Moncho, o protagonista desta película, fará. " A lingua das bolboretas

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao