Como? A punto de finalizar curso e aínda sen Concurso CineHistoria? Pois si; pero non temades, estou preparado. Aquí e agora, ides atopar toda a información e, o máis importante, ides poder ler todas as minicríticas de pelis que participan no certame. Que, empezamos?
O primeiro, as normas e o sentido do concurso:
Para quen?
Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato. Este ano, 55.
Que teñen que facer?
Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis (cada ano sumo máis!).
Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite.
Condición obrigada: que non a viran nunca!
Onde e cando?
Cumprido o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso, reparto en clase un papel.
Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir.
Como facelo?
A crítica debe ser algo máis que un resumo.
Debe ter opinión, análise, orixinalidade, enganche, ou espertar unha emoción no que le.
Prohibidísimos os spoilers e tamén deixarnos indiferentes!
Quen serán os gañadores?
Entréganse baixo pseudónimo (si, un día terei que premiar tanta orixinalidade),
e publícoas todas nos comentarios desta entrada, para que todos poidades lelas.
Empezo escollendo as que teñen"algo" e logo busco axuda para decidir as 3 gañadoras.
Cal é o premio?
Pois tratándose dun Concurso de Cine, non podía haber outro!
Os 3 gañadores lévanse para casa unha película en propiedade... e orixinal, por suposto!
O 1º elixe entre as 3; o 2º elixe entre dúas; e o 3º non elixe... pero leva unha peli!
O 1º elixe entre as 3; o 2º elixe entre dúas; e o 3º non elixe... pero leva unha peli!
E todo isto, para que?
Pois para engadir unha motivación extra ás clases.
Para descubrir un tipo de filmes aos que tal vez moitos nunca chegarían.
E, sobre todo, para aprender a descubrir os fíos que unen o bo cine coa Historia ou coa vida.
Podedes ler todas as minicríticas
a continuación
O vindeira semana, na clase e no blog:
Gañadores, Premios e Fotaca!
Grazas por seguirme nesta teima cinéfila
e moita SORTE!
e moita SORTE!
UNITED 93, por Chor
Tenía muchas ganas de ver esta
película, pero desgraciadamente me decepcionó bastante. Mantiene la
tensión demasiado tiempo y acaba pareciendo pesada y lenta. Dejando
eso a un lado, transmite de manera correcta la trama vivida ese día,
ya que para ser una película americana no mete un drama amoroso en
el medio. Con respecto a la banda sonora, pienso que en algunos
momentos clave debería omitirse para meterte más en el guión. En
conclusión, creo que es una producción que no merece la pena ver
para pasar un buen rato ni para divertirse, sino para vivir el 11-S.
BAILANDO CON LOBOS, por Mesa
Unha película do Oeste para vérmola
atrapad@s nunha manta durante unha
tarde de chuvia, que mestura a humanidade co xenocidio e a
fraternidade entre os pobos co racismo estrutural dos colonizadores.
Kevin Costner amosa a transformación dun xeneral do exército que
logra escapar da “caverna” e se volve contra o Estado, facéndote
tremer de impotencia mesturada con marabilla. A obra consegue que as
case 4 horas de rodaxe sexan unha viaxe que te leve á terra dos
indios Sioux, facéndote formar parte da loita pola súa liberdade e
enfrontándote aos británicos.
AMERICAN HISTORY X, por Eustaquio
Habichuela
Brancos actuando coma brancos, negros
actuando como negros, pero todos persoas que actúan como animais. Un
filme impactante cuxo final entra como un tiro nos miolos.
GRAN TORINO, por Chiche
Unha das grandes obras de Clint
Eastwood protagonizada por un vello patriota rosmón, para o cal o
seu maior pasatempo é coidar do seu Gran Torino do 72, pero que tras
o falecemento da súamuller descubre que ten moito máis en común
cos seus veciños, que noutro momento discriminou, que cos seus
propios fillos. Pensarás que vai ser a típica película que sabes
como vai rematar... pero non! Iso si, por moitas veces que a vexas
sempre te quedarás cun bo sabor de boca.
13 ROSAS, por Keko Jones
Nunha España desolada e famenta, o
franquismo preséntase como suposta “solución” para toda esa
penumbra, mais hai quen loita para que isto non suceda: 13 mulleres,
13 rosas que se enfrontarán ao poder fascista. O conseguirán ou
converteranse en vítimas da represión franquista? O que está claro
é que sufrirás e te converterás nunha delas, como se fora a túa
vida o que está en xogo.
V DE VENDETA, por System Error
Imagínate que un día tu conciencia
alcanza otro nivel. Imagínate que te vanaglorias de tus propias
limitaciones. Imagínate que ya no tienes miedo. Si has llegado hasta
aquí y cumples con estos requisitos te advierto de que te acabas de
convertir en un objetivo mortal para el poder. Eres uno de “esos”,
eres un antisistema reflejado en V de Vendeta. Nos aferramos al
Estado como si fuera un continente para respirar pero éste nos
asfixia. Mira esta película y entenderás por qué se ha convertido
en todo un icono de una palabra tan necesaria y significativa como lo
es REVOLUCIÓN. Y dime, ¿qué hacer para alcanzar la libertad? Este
5 de Noviembre llega la hora de la verdad. ¿Recuperará la humanidad
su humanidad? Es hora de cambiar el sistema, que la historia no se
construye, la construímos nosotr@s.
BLACK MIRROR: TODA TU HISTORIA, por
Valdan
¿Y si el dicho de los abuelos de
“ahora nacéis con la tecnología dentro” deja de ser un dicho y
pasa a ser un hecho? Este capítulo muestra cómo en un futuro no muy
lejano la humanidad dispondrá de la capacidad de meterse en sus
propios recuerdos, revivir nuestro recuerdo favorito una y otra vez y
eliminar los no deseados. Pero, ¿hasta qué punto es bueno poder ver
una y otra vez algo? ¿Será una ventaja o una desventaja? Podríamos
llegar a obsesionarnos? Aquí podrían llegar a respondernos.
PERFECT SENSE, por Trece
La historia que cuenta esta película,
y la manera en la que está contada, provoca que el espectador se
enganche desde el primer segundo, viviendo al máximo las emociones y
sentimientos de los protagonistas. La forma en la que los personajes
afrontan este apocalipsis, sin jugar a ser héroes, simplemente
exprimiendo cada momento, te hace reflexionar sobre lo poco que nos
fijamos en los pequeños detalles, y en lo importantes que son. Si a
esto le añades una banda sonora preciosa, la maravillosa
interpretación de los actores, y sobre todo cómo enfocaron la
sexualidad de los protagonistas, haciéndola creíble, ya tienes los
ingredientes necesarios para una buena película.
EL LECTOR, por Lola Mento
Contexto? Alemaña despois da Segunda
Guerra Mundial, onde ata a persoa que pode semellar a máis inocente
e xenerosa pode que resulte ser alguén cruel e capaz de colaborar
coas accións máis atroces. Coa crueldade da guerra aínda
presente, nada é o que parece, e menos ela... Se che gustan os
finais inesperados, esta é a túa!
GRAN TORINO, por Equis
Nunca antes una película me había
hecho reflexionar tan a fondo sobre el racismo extremo y la
delincuencia. Gran Torino causa ese efecto, dejándote con un amargo
sabor de boca pero queriendo ver más. No sólo te da grandes
lecciones de moralidad, sino que combina acción con humor. Sin duda,
una de las mayores obras maestras que llegaron a mis manos.
PERFECT SENSE, por Zohuur
Queres experimentar unha historia en
terceira persoa? Ten en conta que vivir é un gran reto, pero cun
virus que ninguén logra recoñecer, quizais non poidas superalo. Os
dous protagonistas son pouquiño a pouco privados dos seus sentidos,
sen os cales nunca viviran. Agora os sentidos son os mellores
recordos que poden ter, pero o reto non é este, senón vivir en
compañía sentíndoa sen ter sentido para sentir. Pero a vida
continúa, simplemente así, aprendendo a sentir.
GORRIÓN ROJO, por Egorova
Dominika es víctima de un engaño que
parece un accidente. Esto crea una trama llena de giros inesperados
que hacen mantener el buen ritmo en todo momento. Consigue hacerte
partícipe de la película al analizar de forma indirecta pero
minuciosa el carácter de todos los personajes (mostrando sus
debilidades y sus fortalezas), llegando a crear cierta química entre
algunos de ellos. Hace que te plantees tu reacción o actuación ante
ciertas situaciones, teniendo en cuenta las necesidades que tienes y
los recursos de los que dispones.
CAPITAN PHILLIPS, por Calvi
Un barco norteamericano é invadido por
piratas por primeira vez despois de 200 anos. Quen gañará?
Mantéñenos coa intriga ata o final con momentos de subidón nas
escenas de acción. Teño que dicir que os actores que aparecen non
son moi bos excepto o protagonista, xa que interpreta moi ben o seu
personaxe. A aparición dos malos actores fai que en vez de centrarte
na película o fagas no mal que actúan. En xeral, é unha boa
película e representa moi ben a trama.
AMERICAN HISTORY X, por Campos
Todos coñecemos o conflito racial que
hai nos Estados Unidos. Pero cando o líder dunha panda de neonazis,
locos, enfróntanse a un grupo de negros, nada pode acabar ben. Ou
iso cremos ata que se produce un drástico xiro e o líder dos nazis
xa non é o mesmo tipo de antes.
EL ÚLTIMO SAMURAI, por La Rubia
Rexulona
Este filme engloba a historia desde o
punto de vista de dous bandos que se enfrontan nunha guerra por
“modernizarse” como os EEUU, ou para manter a súa tradición.
Atopei múltiples semellanzas con “Braveheart” no momento da
batalla e de “Bailando con lobos” no modo en que se apega aos
samurais. A súa banda sonora é tremenda e é acorde cos incríbeis
planos cinematográficos que ten, como a escena de Katsumoto e Nathan
debaixo das cerdeiras en flor axudándolle a rematar o seu poema.
Tamén te atopas con personaxes como Taka, que sen apenas falar, só
cos seus xestos e accións, transmíteches máis que outros.
V DE VENDETA, por V
Os bos son realmente os bos? Os malos
son realmente os malos? Estas son as preguntas que nos plantexa esta
obra mestra. A adaptación do famoso cómic fai unha forte crítica á
manipulación que sofre a poboación por parte dos medios controlados
polos gobernos, a ineficaz e corrupta xustiza actual e o fácil
crecemento dos totalitarismos. A película conta coa marabillosa
interpretación de Natalie Portman e Hugo Weaving como V, que
consegue que o público conecte e lle colla cariño ao personaxe sen
coñecelo apenas psicolóxica e físicamente. Por último, cabe
destacar a mestura que ten de dramatismo cun punto cómico en
ocasións e a perfecta utilización da magnífica música nas
escenas.
UNITED 93, por El Fuchibere
Asfixiante, tensa e agobiante; tres
adxectivos que caracterizan esta película que te absorbe dende o
primeiro momento, cun argumento sinxelo pero impactante, que fai que
te sintas coma dentro do propio avión. Non apta para cardíacos.
CAPITAN PHILLIPS, por Keko Jones
Acción, nervios, tensión, secuestros,
atracos, son los sustantivos que describen esta película. Las ganas
de conseguir dinero de los somalíes y la ambición de conseguir
riqueza para salvar a su pueblo, son los estímulos de la piratería.
Tom Hanks, el principal actor de la película, borda un personaje
increible y hace una actuación trepidante por la cual le acabas
cogiendo cariño. La tensión está a la orden del día. ¿Una
tripulación indefensa y sin experiencia conseguirá parar a unos
piratas?
CAPITAN PHILLIPS, por Dolores Delano
¿Te gusta el suspense? ¿El
dramatismo? ¿El ingenio?... Pues debes ver esta película, ya que
gracias al papelón de Tom Hanks y a las grandes escenas de la
película, esta consigue meterte dentro de ella. Así que si una
tarde o noche no sabes qué hacer, no te lo pienses dos veces y mira
Capitán Phillips.
War Horse, por Alan Brito
Esta película es una obra maestra de
Steven Spielberg en la que relata una historia sobre la guerra,
utilizando una banda sonora espectacular, que te tiene entretenido de
principio a fin. Trata de mostrarnos cómo fue la Primera Guerra
Mundial, y nos hace seguir esta impresionante batalla de la Triple
Entente contra la Triple Alianza a través de un protagonista y un
caballo, enfrentándose a innumerables peligros y mostrándonos
también el lado humano de cada soldado, aunque sean de distintos
ejércitos.
AMERICAN HISTORYX , por Casimiro Cateta
¿Piensas que eres como de verdad te
gustaría ser o la vida y sus acontecimientos, que no siempre son
buenos, te han llevado a ser como eres? En muchas ocasiones no te das
cuenta de cómo eres hasta que hay algo que de verdad te marca.
Luchas entre bandas, la muerte de un familiar querido, cómo
sobrevivir en prisión... No sólo esos son los principales temas de
esta película si no también aprender a cambiar y a ayudar a gente
que va a cometer los mismos errores que tú.
LOS INTOCABLES DE ELIOT NESS, por Perro
Viejo
Plena ley seca, Chicago, años 30. El
protagonista y agente federal Eliot Ness, persigue como perro a gato
al gángster Al Capone, pero tal astuto como este no logra capturarlo
y llevarlo a prisión por falta de pruebas. ¿Lo logrará o meterá
la pata como en otras ocasiones? Eso sí, contará con la ayuda de
los policías más intachables y experimentados de la comisaría.
RELATOS SALVAJES, por Reina Bernarda
Alba
Totalmente recomendable si quieres 122'
de tensión e impacto. Viéndola sentirás empatía por cada
personaje de las historias que esta película muestra. Me encantó lo
inesperada que puede llegar a ser cada escena, y que cada actor o
actriz transmita tan bien e intensamente sus estados de ánimo.
Estados de ánimo por los que cualquier persona puede llegar a pasar;
a ver cómo reaccionas tú...
HER, por Dionysus
Vamos a situarnos. Apagas el ordenador
tras plasmar tus sentimientos en una emotiva y esperanzadora carta.
Sin embargo, esta tiene un remitente ajeno a ti y un destinatario que
ni siquiera conoces, pero de eso se trata tu trabajo. Porque en
realidad tus emociones te comprimen el pecho y te harán preguntarte
si tras perder una parte de ti volverás a ser el mismo. Aún así,
recuperas cierta esperanza cuando te embarcas en una hsitoria de amor
incorpórea que, como tal, puede volatilizarse en cualquier momento.
Pese a ello, asumes con total naturalidad que ella no existe porque
lo importante es que te has enamorado; enamorado del nuevo sistema de
inteligencia artificial. Serías capaz de querer a alguien así, como
hizo Theodor? Yo tampoco.
BLACK MIRROR: TODA TU HISTORIA, por
Elena Nito
Una vida con una tecnología muy
avanzada donde las personas tiene implantados unos chips en el
cerebro, los cuales permiten rebobinar el pasado, puede parecer
interesante. ¿Es en verdad esto una ventaja, o un incoveniente? Una
pareja se encuentra en crisis porque el padre descubre que el hijo
que tienen entre los dos no es suyo, sino de otro hombre. ¿Quién
será el desgraciado padre de esta criatura? Al fin y al cabo, tener
un chip que te permita reproducir tu pasado puede ser bueno. ¿Qué
harías tú al descubrir con este chip que el hijo que supuestamente
tienes con tu novia es de otro espabilado...?
EL SHOW DE TRUMAN, por Gonu
Sabes de que peli che vou falar?
Pois... dunha peli a cal intenta evadirte da realidade de dúas
formas: con puntos moi dramáticos e con outros puntazos, como di o
título “O Show de Truman”. Pois si! É un show, polo que ten
puntazos humorísticos. Nalgunhas partes da película é como unha
rutina, porque todos os días ao protagonista pásalle o mesmo;
igualmente, logo ten partes que che distrae. Se algún día vés
cansao do traballo e non tes nada que facer, anímote a que a
vexas... Vaiche gustar!
WAR HORSE, por Rosa Florida
¿Que opinas sobre el título de la
película? Como te imaginarás está relacionado con un caballo de
batalla, y pues... Así es! Lo que demuestra es mucha valentía y una
fuerza extraordinaria para salvar su vida. Pero... ¿Crees que
logrará salir vivo de esta batalla? Pues con un sólo abrir y cerrar
de ojos tú mismo lo podrás adivinar.
LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS, por Morla
Sabes que as mariposas teñen lingua?
Coñeces os tilonorrincos? E qué me dis da morte? “Cando alguén
morre: morre ou non morre?”. Todo isto e máis amosaranche Moncho e
o seu mestre, don Gregorio, nunha película de ritmo calmado pero
cargado de emocións como a paixón polo ensino, amor de todo tipo
(amor paternal, amor verdadeiro e non tan verdadeiro, amor á
“patria”). Situado nos antecedentes e inicios da Guerra Civil,
non se trata de mero entretemento ou acción, se iso é o que buscas,
mais si sacarás unha boa reflexión e aprendizaxe. Sobre todo por
ese final inesquecible onde poderíamos falar ou non de...
ATÓMICA, por Condesa Báthory
“¿Sabe esas películas que comienzan
a ralentizarse, a fundirse? Así es Berlín”.
Cuando juntas acción, suspense,
asesinatos, espionaje, sexo y traiciones, obtienes una película
perfecta para cualquier amante del cine de acción. Pero, ¿y si
además la ambientas en Berlín poco antes de la caída del muro?
Entonces obtienes “Atómica”, una increíble película
protagonizada por Charlize Theron, con una estética preciosa y un
final sorprendente, ya que, recuerda: no puedes confiar en nadie.
SALVAR AL SOLDADO RYAN, por B.SE.S.PNE
Día D... O medo pode ulirse nos
vehículos anfibios norteamericanos. As baterías alemás descansan
mentres os aliados cruzan a néboa nun intento de voltear a tortilla
que é a Segunda Guerra Mundial. Así arrinca un filme de proporcións
épicas, con fragmentos de carnizaría inhumana, pero pola contra
esta obra foi vítima das producións clásicas de Hollywood,
amosando a mítica situación de escasos protagonistas reducindo a po
ao inimigo. Atención! Non apta para cardíacos.
NÁPOLA: ESCUELA DE ÉLITE NAZI, por
Hater
La Historia es siempre lo mismo: fechas
y sucesos, vencedores y vencidos, malos y buenos. Pero, en realidad,
¿quién es quién? La película te dará la respuesta, aunque no a
lo que preguntaste. Inmersa en la famosa Segunda Guerra Mundial, las
Nápolas y los nazis crecían de forma impactante y, para ellos, los
verdaderos hombres creaban la Historia y ellos formaban a los
hombres. Todo parece real y podemos saber ya la verdadera identidad
de las personas... o igual no, porque la guerra es la muerte de los
inocentes. Para salir se necesita dejar de existir... ¿o simplemente
abrir los ojos?
LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS, por
Nevinrrol Rey Brujo de Arkoza
Nesta película retrátase moi ben a
sociedade republicana da época. Aparecen os personaxes típicos
desta parte da historia, como os caciques e os burgueses, pero os
protagonistas do filme son un neno e o seu mestre. O profesor é
comunista e cando estala a guerra civil é detido polos franquistas e
separado do neno, e este é tristemente obrigado a chamarlle “rojo”
e cousas polo estilo. Desde o meu punto de vista, a película recorda
moi ben todas as atrocidades cometidas polas persoas neste período
de tempo, que aínda que é duro, merece ser contado.
LA VIDA ES BELLA , por Igor Dito
Hay un dicho que dice que la muerte
está tan segura de su victoria que nos deja toda una vida de
ventaja. Pero, ¿cómo quieres vivir esa vida? Si quieres vivirla
pensando en la muerte estás en tu derecho pero yo prefiero ser feliz
haciendo feliz a los demás. Sinceramente, nunca me había encontrado
con un actor tan bueno como el prota de esta película, pero es un
claro ejemplo a seguir ya que la vida es bella, a pesar de todas sus
adversidades e injusticias , y casi dos horas de película te hacen
cambiar todo tu mundo.
GRAN TORINO, por Pedra
Un drama familiar e veciñal cunha
interpretación impecable de Clint Eastwood. Este filme representa á
perfección as dúas partes da inmigración e o problema das bandas
nun lugar complicado e marxinal.
LOS INTOCABLES DE ELIOT NESS, por Elvis
Nieto
Si te apetece pasar un rato entretenido
te recomiendo ver esta película. Los actores hacen una labor
excelente, estando a la altura de los personajes. Es emocionante, por
momentos quizás un poco triste; en definitiva, es el thriller
perfecto. La historia de Al Capone y las consecuencias que tiene este
individuo en la ciudad de Chicago a causa del contrabando de alcohol
ilegal, y las ganas que Eliot Ness y sus intocables tienes de
encarcelar al contrabandista de origen italiano, hacen que nos
metamos de lleno en la historia y nos entusiasmemos por saber qué
ocurre al final.
LOS INTOCABLES DE ELIOT NESS, por La
Sor Raimunda
Cando o director decide ambientar unha
película nos anos 20, tratando a Lei Seca, sabes que algo bo vas
ver. O bando dun dos contrabandistas máis grande da historia de
Estados Unidos, o chamado Al Capone, atopábase perseguido polos
chamados Intocables, encabezado polo policía Eliot Ness.
CINEMA PARADISO, por Letibalm
Este filme, a través do personaxe
Totó, trasmite unha gran tenrura sobre o que é amar algo, tanto
unha paixón como o que é o cine, como a súa amizade con Alfredo. O
incendio, Totó salvando a Alfredo deste, e a cegueira que lle
conlevou a Alfredo, son os sucesos que máis me marcaron. Ademais, o
momento final de Totó sendo adulto e comprobando as súas antigas
grabacións, é o momento máis melancólido e o que máis me namorou
da longametraxe.
EL LECTOR, por Tokio
“El lector” é unha gran
demostración dos sucesos ocorridos despois da Segunda Guerra
Mundial. Amósanos o ambiente de Alemaña despois da guerra, desde o
punto de vista dun adolescente que vai crecendo ao longo da película,
pero tamén ten unha trama amorosa na que nada é o que parece, xa
que ela en principio semella unha persoa como outra calquera. Paga a
pena ver esta longametraxe, pois reflicte moitas cousas que ocorreron
na realidade e moitas persoas non teñen idea diso.
EL INDOMABLE WILL HUNTING, por
Albarroco
Esta película de 1997, a pesar de ter
poucos personaxes e desenvolverse nuns espazos moi pouco variados, en
ningún momento se fai aburrida ou longa. O filme ilustra algo moi
común de ver nos máis xóvenes; iso foi o que máis me impactou e
fíxome reflexionar.
BLACK MIRROR: TU HISTORIA COMPLETA, por
Machines
En un futuro es posible que la
tecnología esté tan avanzada que se pueda volver en nuestra contra.
Si eso ocurriese, debería haber una forma de controlar, ya que se
puede utilizar de varias formas. Puede usarse para ayudar a las
personas en cuestiones de salud, de amor, de recuerdos... Pero
también se usa para la guerra, para destruir... Esta visión de un
futuro (próximo) está bastante bien, porque refleja cómo vamos a
comportarnos y qué vamos a hacer con el desarrollo. En la película
había como una sensación de oscuridad, como si algo malo fuera a
pasar. Si se controlase la tecnología sería muy beneficioso porque
su uso nos ayudaría a que nuestras vidas sean más cómodas.
LA TUMBA DE LAS LUCIÉRNAGAS, por Aidan
La Segunda Guerra Mundial, una de las
etapas más dolorosas, tristes, oscuras, tenebrosas, horrorosas...
que tuvo la humanidad. Y esta pequeña historia lo muestra, dándonos
como protagonistas a dos niños japoneses víctimas del horror de la
guerra, que tendrán que sobrevivir e intentar encontrar esa paz que
tanto anhelan, y así será. Una historia qeu te dejará tocado y te
enseñará la crueldad de la guerra, que no tiene limitaciones,
haciendo que la joven vida de unas niñas se convierta en su peor
pesadilla.
HASTA EL ÚLTIMO HOMBRE, por Amsterdam
Biketown
Este filme resultoume crucial para unha
aprendizaxe da vida. Ademais de ter os mellores gráficos que vin na
miña vida, conta unha hsitoria REAL que nos permite estar toda a
(longa) obra en tensión e esperando a saber que será o próximo co
que nos sorprenderá o actor Andrew Garfield (Desmond Doss). Hei de
recoñecer que a primeira media hora é palla, xa que fala dunha
historia de amor totalmente prescindible, xa que a película comeza
de verdade no campo de batalla. É totalmente merecedora de ver,
ensina valores imprescindibles para a sociedade. Valor,
compañeirismo, amor polo que se fai... Ninguén confiaba no soldado
que non quería usar armas, pero sorprendeunos a todos.
EL PIANISTA, por Punto y Coma
La melodía del inicio de la película
es tan impactante y elegante que nos da a entender que el piano es la
parte fundamental y una metáfora. Cada una de sus teclas es una de
las duras consecuencias que sufren los judíos, así se nota el
ambiente de tensión en sus canciones. Y a la vez es su método de
salvación que lo evade de todos sus males. La estrella de seis
puntas también alberga una metáfora: cada una de sus puntas es una
desgracia que tienen que aguantar los judíos; al imponerle llevar el
brazalete para ser identificados pareciera que siempre es acompañasen
las desgracias: burlas, malas condiciones de vida y trabajo,
humillación, sumisión y explotación. Todas ellas nos llevan a un
mismo punto: la dura realidad del holocausto nazi, aquello que
podríamos definir como inhumano. La obra rebosa frialdad, como el
aire gélido de aquella época que respiraban los personajes. Está
llena de historias secundarias que ayudan a realzar al protagonista
en ese ambiente de supervivencia, ayudando a la reflexión sobre la
existencia del mal, que muchas veces vemos con indiferencia.
JOHNNY COGIÓ SU FUSIL, por Kika
Eu decidinme a ver este filme porque
era da primeira guerra mundial, o tema que estabamos vendo.
Finalmente, a obra resultoume un pouco aburrida porque ten pouca
acción, xa que está case toda narrada nun hospital, amosando o dura
que foi a guerra e tamén as dificultades que hai nun país que non
teña legalizada a lei da eutanasia. A obra caracterízase por ser
triste.
AMERICAN HISTORY X, por Yungcaiserbeef
Este largometraje te mantiene en
tensión durante toda su duración, con situaciones que estremecen al
espectador y con un final que te deja con la piel de gallina, con
cara de (perdón por la palabra) “qué coño acabo de ver”. Ese
final que te hace retroceder y volver a ver todo lo que vista
anteriormente como un flashback. Esta película hace recapacitar
sobre el odio, y es que el odio no sirve para nada.
RELATOS SALVAJES, por Noi
A lo largo de la vida las personas
pasamos por diferentes emociones y, en este largometraje, se nos
muestra una serie de situaciones con personas y personalidades
diferentes, pero que tienen algo en común: esos momentos de la vida
en los que una persona estalla y saca todo su carácter. Esta obra
conecta de forma directa con el público ya que son situaciones
cotidianas que le pueden pasar a todo el mundo y en la que todos
sacaríamos nuestro carácter más salvaje.
RELATOS SALVAJES, por Park
A humanidade levada ao extremo. Unha
serie de relatos que reflicten de forma impactante ese lado cruel que
temos as persoas. Asasinatos por vinganza, celos psicópatas,
inxustizas sociais, traumas infantís... Por outra banda, hai
determinadas partes da película que amosan un pequeno raio de
bondade. Unha obra que fai pensar e reflexionar sobre nós mesmos. De
verdade a ira pode con nós? Somos tan manipulábeis? Pero a pregunta
máis importante é... Ata onde poderiamos chegar?
EL CLUB DE LA LUCHA, por La postal
perdida de Abraira
Intrigante, agobiante, confusa, “la
leche” para los amigos. Así es el largometraje del director de
cuyo nombre no quiero acordarme. Una trama que al principio conduce
al espectador a pensar que el mensaje que quiere transmitir es una
crítica al capitalismo, pero que evoluciona pasando por la soledad,
la realización personal, los fascismos y las taras mentales. En
resumen, una mezcla de ideas y posibles mensajes que poco tienen que
ver los unos con los otros, que provoca una cascada de emociones que
culmina con una profundísima sensación de confusión al llegar al
final de la cinta, y que deja carta blanca al espectador para
imaginar cuál es la dirección que sigue la trama. 100% recomendable
para cinéfilos con mucha creatividad e imaginación. Sencillamente
magistral.
AMERICAN HISTORY X, por Ironman
El tema de esta película me interesó,
por ese mismo motivo decidí verla y, después de verla, me quedé
enamorada. El personaje de Edward Norton es sencillamente
espectacular, por el simple hecho de que a pesar de ser un neonazi,
el personaje, al final de la trama, se termina encontrando. Es genial
cómo pasa del odio a la pena en sólo unos instantes. También el
hermano del protagonista, cómo lo guía el hermano para que no
termine como él. Está muy bien cómo hacen en blanco y negro las
escenas en pasado, como si fuera algo oscuro, y las del presente en
color, como si todo se solucionara. Simplemente brillante.
AMERICAN HISTORY X, por Miau
Se tes paciencia e queres reflexionar
sobre moitos aspectos da vida, é boa opción. As expectativas feitas
cara este filme son moi altas para o que acaba sendo. O nazismo
reflíctese ben na película, que ao fin e ao cabo é a súa
finalidade. Bastante cutres son as escenas e moi repetitivas, xa que
o ambiente non cambia moito durante toda a rodaxe. Os actores e
actrices a salvan bastante, a pesar de que o guión sexa un pouco
pésimo. É difícil de tragar aínda que non sexa moi longa; o final
é impactante, pero á vez esperado.
RELATOS SALVAJES, por Alvin
Largometraje de seis relatos, los
cuales tienen en común las miserias de la vida cotidiana. En todas
se dan situaciones que hemos vivido alguna vez, ya que son reales y
actuales, por ejemplo el relato en el que la grúa se lleva el coche.
En todos, los personajes reaccionan de forma salvaje y violenta, ya
que están frustrados por esas situaciones. A través de esta
agresividad entre los personajes, en estas situaciones tan realistas,
nos llevan a hacernos reír y a no tomarnos tan mal los momentos en
que nos ocurran ese tipo de cosas.
AMERICAN HISTORY X, por
Oscarallosesentaenove
Esta longametraxe cumpre coas
expectativas xeradas ao principio, tendo un forte fío baseado no
odio e no comportamento nazi. Constando de esceas moi fortes para o
espectador, que impactan a simple vista.
RELATOS SALVAJES, por Un gatete
Nuestra personalidad no se define ni se
caracteriza por los momentos agradables, por nuestra vida cotidiana,
polo que somos cada día, sino que nuestra personalidad se refleja en
los momentos límite, cuando estamos fuera de control, cuando se
suele decir la frase “no era yo”. Ahí es cuando de verdad eres
tú. Y este filme no puede explicar estas situaciones de mejor forma.
KAMCHATKA, por Dommage
Volvamos no tempo. 1976, golpe de
estado arxentino, un acontecemento que marca o final de moitas
infancias (centrándonos nesta obra nunha en concreto). Agora que
estamos en contexto, empezamos. Esta cinta non é unha que che
aparece un domingo pola tarde en Antena 3; dubido sequera que
chegasen a pasala moito pola televisión. Aparentemente sinxela, con
cousas simples dache a entender cousas complexas e duras. Unha
longametraxe chea de silencios que din moito. Non te enganes, non a
estou poñendo polas nubes; ten un fallo que para min fastidia a
película: o final (relax, sen spoiler). É predicible, demasiado,
pero aínda así, é desgarrador.
GORRIÓN ROJO, por Barros
En plena Guerra Fría, a carreira de
bailarina de Dominika queda destrozada por un fatal accidente, polo
que ten un comezo forte, que non te deixa indiferente. A medida que
continúa a longametraxe acontecen sucesos moi desagradables, que non
lle permiten á obra ser moi divertida. Non te deixa con moi bo
corpo, pero ao fin e ao cabo así era a guerra e serve para vivila
mellor. A protagonista non deixa de sorprendernos ata o último
momento, xa que, como di o seu tío, ela sempre vai un paso por
diante dos demais.
Se hai que axudar a escoller relato gañafor voto x
ResponderEliminarLA LENGUA DE LAS MARIPOSAS, por Morla
Bo traballo, prestoume moito lervos a todos/as! Fixome pensar tamén en que pensara eu cando vira por primeira vez estas pelis..e mesmo eb como a miña opinión foi cambiando co tempo. Parabéns!
Moitas grazas, Lu!
ResponderEliminarTomo nota e, de paso, métote no xurado. Pero cunha condición. Que me digas tamén cal é a túa proposta para 2º e 3º posto do concurso. O xurado estará integrado por varias persoas e unha delas, polo tanto, tamén serás ti con esa votación. Paréceche? Podes poñelo aquí mesmo.
Espero que, coma ti, tamén eles volvan sorprenderse cando se lean de novo, dentro duns anos; pero sobre todo, o que espero, é que descubriran algunha peli desas que ás que un necesita volver co paso do tempo.
Mil grazas e agardamos esa última parte da túa votación. Un bico!