Saltar ao contido principal

El método Grönholm

Hai tempo que non recomendo unha peli... salvo en clase. A última foi "El método". Tratábamos de explicar como é o mundo actual a nivel económico: capitalista, globalizado, abonado a crises cíclicas e... voraz, salvaxe, competitivo ata o inhumano. E aí sempre (é inevitable) me vén á mente esta enxeñosa, atrevida e inquietante película:


Sete persoas loitan por un posto de traballo nunha multinacional en Madrid, mentres na rúa escóitanse os berros dunha manifestación antiglobalización. Eles non o saben, pero a empresa vainos someter ao Método Grönholm, un perverso método de selección de persoal, no que os candidatos terán que ir eliminándose entre eles. As súas personalidades son tan distintas (inseguros, chulos, agresivos, críticos, indecisos...) e as probas tan sorprendentes e malévolas, que é imposible que non te revolvas incómodo no asento, mentres desconfías de todos e te preguntas cal deles serías ti nunha situación así.


É este o mundo frío, brutal, omnipotente, noxento para o que nos preparamos?
Pois se o é, polo menos desfrutade do sopapo que esta peli representa.
Zasca.

Comentarios

  1. Yo he visto recientemente esta película y me ha impresionado (positivamente) ya que la mayoría de películas españolas que he visto no me han gustado.
    Hay muchas frases que se pueden destacar,pero lo más impactante ha sido la escena de el principio en el que se escucha a unos locutores de radio hablando sobre la huelga de la globalización en la que dicen "salen a correr y protestar con las zapatillas compradas en la multinacional contra la que protestan"

    En resumen,muy buena película y se agradece tener un profesor que nos las recomiende y tenga métodos de aprendizaje tan buenos,un honor

    Ana Sastre 1D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ana! Moitas gracias por compartir a túa opinión da peli aquí, é algo que me encanta. Primeiro, porque disfruto lográndovos levar a pelis que ao mellor non coñeciades e que creo que vos poderían gustar e facer pensar. E segundo, porque paréceme que moitas veces apréndese máis falando dunha película ou dunha lectura, que simplemente véndoa. Ás veces os 50 minutos de clase quédanse moi curtos para espremer ben cousas coma esta.

      Gústame moito esa frase que mencionas. Por unha parte, cando sona na radio, nótase que está dita por unha persoa en contra dos antiglobalización e que intenta desacreditalos desa maneira... Pero ao tempo, non podemos deixar de sentirnos aludidos: porque tamén nós participamos das inxustizas das que se nutre o capitalismo cando compramos nunha multinacional ou cando nos deixamos arrastrar pola publicidade de masas. É unha frase que serve para poñer o debate sobre a mesa do espectador, e ao mesmo tempo para comezar a incomodalo (escoitas a frase, e miras inconscente cara as zapatillas que levas postas...).

      En canto ao método da multinacional para elixir só un dos candidatos, parece bestial que poida ser así... pero pode selo. Canto máis sofisticada é a empresa, máis adoitan selo tamén os procedementos de selección. A min, por exemplo, gústame que unha empresa desexe directivos intelixentes e creativos... pero non a costa de xogar con eles (son persoas!), de manipulalos como marionetas, de traspasar a liña da súa privacidade ou de levalos a enfrontarse como hienas por un pedazo de carne. Non todo vale.

      Non sei se viches a peli a través de Youtube, pero acabo de ver que está colgada aí ao completo. Se te fixas, debaixo do vídeo aparece unha frase da peli destacada: "Perdón ¿qué grupo? estamos compitiendo todos por un mismo puesto de trabajo.". Pareceme un resumen brillante da peli e do que creo que o director quería retratar.

      Moitas grazas, Ana! Espero ir propoñendo máis películas e acertar con elas :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...