Saltar ao contido principal

O maior segredo da industria alimentaria

Seis minutos abondaron para deixar a todos avergoñados e inmóviles, sen poder reaccionar. O obxectivo da charla era explicar a vendedores algunhas das técnicas que a industria alimentaria usa para aumentar as súas vendas. Pero a medida que os minutos pasan, a actuación da conferenciante, implacable e cargada de sarcasmo, comeza a provocar no público (e tamén en nós) unha incomodidade cada vez maior. De que vai esta tía, parecen preguntarse algúns, co ben que estamos e o bo rollo que se respira aquí... Pero, ao mesmo tempo, todos precisan saber a onde quere chegar. Necesitas coñecer o final da historia.


Sobre todo porque desde o inicio se anuncia que se desvelerá o maior segredo da industria alimentaria para lograr funcionar coma un tiro.

Clic para ver


Non deixedes de velo. Porque ademais dun exemplo de oratoria, é sobre todo unha mostra certeira e impactante de como esta industria logra enganarnos, facéndonos crer nunha produción idílica, verde e coidadosa dos alimentos de procedencia animal... 

Tiña razón aquel neno:
os animais son para coidar, non para comer.

Comentarios

  1. Marey12/3/15

    Penso que todo o mundo debera ver tamén o documental "Earthlings" (dispoñible en : http://earthlings.com/?page_id=32) , que , por certo, non é tampouco nada cómodo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Marey. Sempre que sae este tema acórdome dun documental que vin... bueno, que intentei ver. Aos 45 segundos de empezar, non puiden seguir; decidín que non quería ver máis. Pero como revela o vídeo, ese é o problema máis importante de todos: que non queremos ver nin saber. Precisamente a única solución posible é que vexamos, que non miremos a outro lado, que nos responsabilicemos do salvaxe e intolerable masacre que estamos alentando. Así que verei este "Earthlings" e comparto tamén ese documental que menciono, por se alguén precisa pasar dos 45 segundos:
    https://www.youtube.com/watch?v=x0L-OOfVs_c&list=PL11E6EA914EF8197B&index=12

    ResponderEliminar
  3. Cada día estou máis contenta e orgullosa de pasarme á dieta vexetariana! Non podemos ver para outro lado. Anímovos a que probedes, facede o cambio, vades sentirvos xenial. Porque coma di o neno... Os animais hai que coidalos, non comelos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...