Saltar ao contido principal

Cales son as túas prioridades?

Ás veces non sabemos moi ben o que queremos na vida. Queremos vivir ben, por suposto, pero... Como se fai iso? Cantos cartos hai que ter? Cantos anos hai que esperar? Que cousas van ser as que me dean a felicidade que quero? Cal é o desexo que debo escoller se só puidese elixir un? Cales son as prioridades na vida? A resposta está neste vídeo. Varias persoas, mesmas preguntas. E cada minuto, mellor que o anterior. Abondan cinco, para aprender todo o que hai que aprender sobre a vida. Clic na imaxe.

 Apreciad las pequeñas cosas, pues son grandes cuando nos faltan
...e a todos nos chegará un día en que nos falten.

Comentarios

  1. Gran verdade... un vídeo que emociona...hai que agarrarse a estas últimas frases, a que din no vídeo e a que dis ti tamén Miguel e telas sempre presentes.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo16/1/15

    Pois si, Miguel. A felicidade é unha suma de pequenas cousas, que na súa maioría non custan cartos, e que non teñen prezo. Grazas por lembralo. Cris.

    ResponderEliminar
  3. "Lo que me hace más feliz es que me toque el aire en la cara".
    Que o frío, a pereza ou a tontería non nos ceguen nunca.

    ResponderEliminar
  4. Como di un proverbio hindú, o home só posúe aquilo que non vaia perder nun naufraxio. Todo o demáis é secundario.
    Deberíamos aprender que só hai unha cousa que debe facernos felices por enriba de tódalas demáis cousas: a VIDA. E deberíamos aprender tamén a disfrutar de todas esas cousas que a diario pasamos por alto porque damos por feito que sempre van estar ahí. Como ti dis, chegará un día en que nos falten...

    ResponderEliminar
  5. Anónimo22/1/15

    Imposible non chorar con este vídeo. As maiores verdades son as que máis nos emocionan, e normalmente non somos conscientes do valor das pequeña cousas.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo2/2/15

    Dios mio....lo que le está pasando a esas personas y nosotros quejándonos de vicio

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...