Saltar ao contido principal

Chernóbil, cidade fantasma

"... na vida as cousas máis terribles ocorren en silencio e de maneira natural"

Unha das inquedantes páxinas de Natacha Bustos (debuxo) e Francisco Sánchez (guión)

Así comeza "Chernóbil-La zona", novela gráfica sobre o maior desastre nuclear da historia da humanidade. Aquel día, 26 de Abril de 1986, o accidente no reactor 4 da central nuclear de Chernóbil, en Ucrania (daquela integrada na URSS), liberou á atmosfera o equivalente a varias deceas de bombas atómicas como a de Hiroshima. Aínda que a choiva ácida caeu sobre máis de vinte países, o peor tivo lugar nuns 30 quilómetros arredor da central.  Nesa zona (A Zona), a vida e o tempo detivéronse por completo aquel día. 

Portada do cómic con reloxo ucraniano, se cadra feito e usado preto de Chernóbil

Pripiat era o orgullo da URSS.  Unha cidade novísima, construída a tres quilómetros da central, con miles de vivendas para as familias dos traballadores e todo tipo de equipamentos, incluído un parque de atraccións a punto de estrearse. Unha cidade modelo... ata que un accidente, unha simple reacción química, iniciou o caos: a alarma na central, a ausencia de noticias e información fiable, as dúbidas, o medo, a policía na porta, unha mochila rápida, e unha evacuación forzosa. Todo quedaba atrás: as casas, os obxectos, as mascotas (non deixaron levalas), a ilusión. Así foi como a cidade modelo quedou reducida a cidade fantasma. Condeada para sempre ao más terrible dos silencios. E condeados os seus habitantes a morrer, ou a vivir cos efectos da radiación.

Portada da edición para Xapón de "Chernóbil-La zona"


Este é un cómic para sentir e entender os riscos das centrais nucleares, e en concreto o que se viviu en Chernóbil. Para velo, non queda outra que viaxar a Ucrania cun permiso especial para poder entrar na zona, pechada por seguridade. Aínda que... Se de verdade vos gustaría viaxar a Pripiat, e ver en que a converteu o accidente, podedes. Sen riscos. E a bordo dun drone. Grazas a este vídeo.

Clic na imaxe. E feliz voo sobre o caos nuclear

Comentarios

  1. Este siniestro nuclear es de año 1986,creo y hoy día aun no es habitable. Ucrania, kiev

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tes razón, David. Lin que terán que pasar vintesetemil anos (27.000 anos!) para que as terras de Pripiat, a cidade máis próxima á central, poidan volver a ser habitadas sen risco para a saúde das persoas. En cambio, precisamente algo que me impresionou lendo o cómic foi saber que algúns (sobre todo anciáns) dos que foron evacuados e obrigados a deixar as súas casas, regresaron ao pouco tempo a elas. Tiñan tanta dor e botaban tanto de menos o que deixaran atrás, que houbo familias que se atreveron a volver, traballar de novo coas súas mans a terra contaminada, e seguir comendo os alimentos que alí medraban.

      Eliminar
  2. Unai Puga Goldaracena11/12/14

    O mellor de todo é que o goberno pensaba ocultalo...
    Chegaron a dar unha cifra de tan só 32 mortos!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...