Saltar ao contido principal

Un día de campo (curtametraxe)

As mesmas realidades poden ter formas diferentes dependendo do lugar no que un nace. A Carlos Caro, o director desta premiada curtametraxe, bástanlle apenas 3 minutos para ensinarnos como é a vida dun neno calquera... en Uganda. Hoxe cúmprense 25 anos do día en que o mundo prometeu que faría todo o posible para protexer os dereitos dos nenos, alí onde se atopen. Mentira. Fracaso.

Clic para vivir Un día de campo

Os Estados asinantes recoñecen o dereito do neno a estar protexido contra a explotación económica e contra o desempeño de calquera traballo que poida ser perigoso ou entorpecer a súa educación, ou que sexa nocivo para a súa saúde ou para o seu desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral ou social.
Convención sobre os Dereitos do Neno. ONU, 1989.
Si. Uganda tamén asinou. 

Comentarios

  1. :-( Triste, inxusto, fracaso,... e un longo ecétera de descalificativos a este incumpremento dos dereitos dos nenos.

    ResponderEliminar
  2. O peor é que este só é unha ínfima mostra do inaceptable sufrimento no que se enlama a infancia de millóns de nenos. Porque estes nenos de Uganda son só uns poucos do 15% de nenos que están traballando agora mesmo no mundo. Pensade nos nenos que están na rúa. Ou nos nenos que viven en países en guerra (como Siria), onde son vítimas de bombardeos, francotiradores, fogo cruzado... Nos nenos soldado, reclutados, adestrados para odiar, matar ou autoinmolarse... Ou nese 11% das nenas do mundo que son obrigadas a contraer matrimonio antes dos 15 anos de idade. A que aspira unha humanidade que nin sequera é capaz de coidar das súas propias crianzas?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...