Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións : a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...
Dan ganas de baixarse...
ResponderEliminarPero non tes a impresión de que precisamente nestas fechas celebramos que despois dunha peligrosa volta ao redor do sol todo sigue igual, as mesmas palabras, o mesmo menú, o mesmo brindis: porque nada cambie!!?
Nós si, porque estamos no lado conservador do mundo: o dos países que erguen muros para protexer aquilo do que se apropiaron. Pero... Témome que os que quedaron no outro lado dos Muros, dificilmente poidan celebrar que todo siga igual. Ou que, a cada perigosa volta do Sol (gústame), un novo muro se interpoña entre a súa sorte e a súa liberdade para tratar de cambiala.
ResponderEliminar