Saltar ao contido principal

Rescatando animais

Entre toda a merda que xeramos, ningunha hai peor cá o maltrato.
Sodes capaces de velo nesta imaxe?


Era unha cadela branca, de ollos azuis. Estaba chea de sarna e de infeccións por todo o corpo. Tan débil que nin sequera tiña forzas para moverse cando se achegaron a ela para axudala. Unha hora estivo a persoa do vídeo ao seu lado, tratando de gañarse a súa confianza para poder levala con el ata unha clínica.


Non sei se é agradecemento, ou se é empatía. Quizais é simple felicidade. Pero tras dúas semanas de intenso tratamento e coidados veterinarios, a cadela non só estaba case recuperada fisicamente... Ademais axudaba a outros cans que foran abandonados a recuperar a confianza!


Máis aló desta historia, gustoume o que atopei detrás dela. Dúas persoas organizadas para loitar contra o abandono, e unha web con decenas de vídeos coma este. Se como dicía Gandhi, a grandeza dunha civilización se pode xuzgar por como trata aos seus animais... pasaremos á Historia como unha banda de paletos

Clic en calquera das fotos para ver o vídeo desta historia.
E Clic en Hope for Paws, para ver e saber máis.

Comentarios

  1. Sandra19/12/13

    Un vídeo moi emocionante. BRAVO por toda a xente que axuda, coida, quere e respeta aos animais!

    ResponderEliminar
  2. marisa20/12/13

    Non podo deixar de emocionarme con estas imaxes, ogallá houbera mais xente coma ésta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...